Área Rural

As 15 parroquias que conforman o amplo termo municipal de Pontevedra non só gozan dun grande interese paisaxístico, senón que tamén destacan polos importantes monumentos e as valiosas mostras de arquitectura popular que é mester visitar. Unhas destacan polos seus restos prehistóricos (como Campañó e Salcedo); outras, polas súas magníficas igrexas (en Marcón, Mourente ou A Canicouva); aqueloutras teñen sona polos acontecementos históricos que viviron (como Ponte Sampaio), ou ben polos seus impoñentes pazos (Lourizán). Tamén hai parroquias que destacan pola beleza da súa natureza e da súa paisaxe (Alba, Cerponzóns, Verducido, Bora, Santo André e Santa María de Xeve) ou polas súas populares romarías (Lérez e Tomeza).

O TEMPO

Pontevedra, ES
cielo claro
18 ° C
19 °
16.1 °
72%
3.1kmh
0%
Mar
16 °
Mér
17 °
Xov
18 °
Ven
17 °
Sáb
17 °
X