Lérez

Pertencente antano ao concello de Alba, Lérez destaca por ser un dos escasos lugares onde o Camiño Portugués a Santiago coincide totalmente co trazado da antiga calzada romana. Linda con Santa María de Xeve, Verducido, Cerponzóns e Alba.

Segundo conta a tradición, no lugar da Santiña atópase a casa na que acolleron o apóstolo Santiago cando peregrinaba por Galiza. Por este motivo lendario, na procesión do Día de Santiago ofrécenselle ao santo as uvas desta casa, na que se apreza unha cepa que madura moito antes cás outras, e crese popularmente que este “milagre” é froito dunha intercesión do santo por telo atendido. A escasos metros desta zona, emprázase o fermoso Cruceiro do Cristo (1822).

Tamén hai constancia da existencia dunha importante fortificación coñecida co nome de Cedofeita, edificada para facer fronte ás numerosas incursións dos viquingos e dos musulmáns entre os séculos IX e XI.

O seu principal sinal de identidade é o mosteiro beneditino de San Bieito de Lérez, construído nun outeiro desde o que se divisa o leito do río Lérez e onde viviron personaxes de notábel relevancia como o Padre Sarmiento ou o Padre Feixóo. Documentalmente téñense noticias da súa existencia nos últimos anos do século IX e primeiros do X. Coa desamortización a finais do século XIX, os monxes foron obrigados a abandonar o mosteiro e a súa igrexa converteuse en igrexa parroquial. Actualmente consérvase anexo á igrexa parte do claustro monacal.

Todos os anos, o día 11 de xullo miles de persoas acoden -desde toda a comarca- á romaría de san Bieito para honrar o “santo máis milagreiro”.

O Consello parroquial de Lérez

  • 3 representantes daComunidade de Montes
  • 3 representantes da AA.VV San Bieito de Lérez
  • 2 representantes da Asociación Cultural Cedofeita
  • 2 representantes da Confraría Cristo del Consuelo
  • 2 representantes da Asociación Cultural Cristo del Consuelo

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos: