Lourizán

A escasos quilómetros do centro de Pontevedra, Lourizán linda co veciño concello de Marín.

O lugar de maior interese para quen visita a parroquia é, sen lugar a dúbida, a herdade da familia Montero Ríos, máis coñecida como o “Pazo de Lourizán”. Hoxe, o edificio da facenda abeira un centro de investigacións forestais rodeado por uns vizosos xardíns, onde medran especies forestais exóticas coma fentos arbóreos, cipreses, cedros, magnolios, camelias, bananeiros, eucaliptos… Do antigo edificio, consérvase o pombal do século XV que asemella unha gran coroa que emerxe do chan. O regato dos Trois atravesa parte da herdade.

Tamén destacan na parroquia a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de santo André.

A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (santo André), pero tamén se celebra a festa da Nosa Señora dos Praceres o último domingo de maio.

O Consello parroquial de Lourizán

  • Xunta de Montes
  • 2 AA.VV. Estriceres
  • Confraría de Pescadores
  • AA.VV Santo André
  • AA.VV Ponte Muíños
  • Comunidade de Augas de Agrovello
  • Asociación Cultural Pedra Floxán
  • Plataforma
  • ANPA da Carballeira
  • ARMEL (Asociación rural de mulleres Estribela-Lourizán)
  • Pousos da Area
  • San Andrés C.F.

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos: