Mourente

Esta parroquia limita con Lérez, Santa María e Santo André de Xeve, Bora, Marcón e Tomeza.

Entre os seus núcleos de poboación destaca Monte Porreiro, entidade de poboación considerada núcleo urbano debido ao espectacular crecemento demográfico que experimentou nos últimos anos. Na parroquia atópase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

En canto ao seu patrimonio histórico-artístico cabe salientar a igrexa parroquial do século XVIII, situada en Moldes; ademais da igrexa románica de san Mamede (dos séculos X e XI, hoxe en ruínas) e a igrexa de san Amaro, veciña do cemiterio municipal de Pontevedra que tamén leva o seu nome. Non debemos esquecer a capela de santa Margarida, de estilo románico, que acolle no seu adro un carballo de motia sona, varias veces centenario.

A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María). Tamén se conmemora o Día da Virxe do Carme o domingo anterior ao 16 de xullo e santa Margarida o primeiro domingo de agosto. No mes de marzo exáltase a gastronomía do lugar coa Festa do Caldo Galego.

O Consello parroquial de Mourente

  • AA.VV O Castro
  • A.C.A.F. Os Alegres
  • 2 Comunidade de Montes
  • Comisión de festas Peneirada
  • ANPA Villaverde
  • Cultural de Mourente
  • Comisión de Festas
  • Comunidade de Augas
  • AA.VV. Os Campos

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está integrado polos seguintes documentos: