Santo André de Xeve

A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cotobade. Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran importantes competicións nesta modalidade deportiva.

Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.

O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).

O Consello parroquial de Santo André de Xeve

  • AAVV O Crabadoiro
  • ANPA Santo André de Xeve
  • Asociación de Viticultores
  • Asociación Xuvenil Cova da Moura
  • 7 representantes de A.R. Xeve
  • C.D.A.R. Xeve
  • Comunidade “A Fiqueiriña”
  • C.M. Vocal Fragoso
  • C.M. Vocal Santa Cruz
  • C.M. Xeve
  • 2representantes de Asociación Cultural Santo André de Xeve
  • Comunidade de augas V.D. Fragoso-Santa Cruz
  • Ficoso Comunidade de Augas
  • Val do Lérez. Asociación Mulleres do rural

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos: