Tomeza

Situada ao sudoeste da capital, linda coas parroquias de Salcedo, Marcón, Mourente e A Canicouva, á que pertenceu cando foi concello.

Desde os montes da Loureda e de San Cibrán divísanse excelsas vistas de Pontevedra e da ría de Vigo. Pola parroquia tamén transcorre, en toda a súa lonxitude, o Camiño Xacobeo Portugués.

Tomeza acada a súa maior notoriedade o luns de Pascua, cando se celebra na hermida situada no cume do monte San Cibrán unha multitudinaria romaría na honra deste mesmo santo. A tradición manda dar sete voltas á capela, que acolle unha imaxe da Virxe da Peregrina, tirando sete pedras no seu tellado coa fin de afastar o meigallo.

Pero se por algo é coñecida esta parroquia é pola súa longa tradición coa pedra da que xurdiu unha xeración de canteiros que, co seu traballo, deu sona ao nome de Tomeza. Entre todos eles, destaca o mestre Daniel, o célebre canteiro de Tomeza e autor de pezas de grande valor como as escaleiras da Casa do Concello. Desde os anos 60 existe un obradoiro de cantería no que aínda hoxe se traballa o granito de forma artesanal.

Tamén se celebra os días 28 e 29 de xuño a festividade de san Pedro (no lugar de Lusquiños) e o primeiro domingo de agosto, a Festa do Canteiro, na que cada ano se homenaxea o labor dun escultor da pedra, como se fixo no seu día con Sebastián Casalderrey, autor da imaxe da Virxe da Peregrina do Albergue dos Peregrinos e das figuras representadas na fonte da praza de Compostela, en Pontevedra.

O Consello parroquial de Tomeza

  • Asociación Cultural San Cibrán
  • Asociación de veciños
  • 2 Xunta de montes
  • Cemiterio
  • Comunidade de augas de Loureda
  • Comunidade de augas de Pombal
  • Comunidade de augas Pobo

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está integrado polos seguintes documentos: