Inicio Participa Comisións de Queixas e Suxestións

Comisións de Queixas e Suxestións

Segundo recolle o Regulamento Orgánico do Pleno e das súas comisións, créase a Comisión Especial de Suxestións e reclamacións ó abeiro do disposto no artigo 132.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, para a defensa dos dereitos dos veciños ante a Administración municipal.

Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións velar pola defensa dos dereitos dos veciños nas súas relacións coa Administración Municipal supervisando a actividade da mesma e a dos seus organismos autónomos e entidades públicas empresariais creadas polo Concello.

Se quere coñecer as competencias e o funcionamento da Comisión, consulte o extracto do Regulamento do pleno sobre a Comisión que figura na normativa, nesta mesma páxina.

Comisión de Queixas e Reclamacións está integrada por:

Presidente: Paloma Castro Rey (PSdeG-PSOE)

Vicepresidente: María do Pilar Comesaña Hermida (BNG)

  • María do Carme Fouces Díaz (BNG)
  • Vicente García Legísima (BNG)
  • Luís Bará Torres (BNG)
  • Jacobo Moreira Ferro (PP)
  • Aurora Cañizares Malagón (PP)
  • Luis Rei Núñez (Ma.Po)
  • María José Rey Martínez (Grupo mixto-C’s)

Presenta a túa suxestión ou reclamación ante a Comisión!

Consulta no Regulamento Orgánico do Pleno os supostos de suxestións, reclamacións ou queixas que se poden presentar ante a Comisión. Extracto.

Ademais, neste enlace podes acceder á tramitación electrónica ou informarte de onde podes presentar a túa demanda.

Sede electrónica: Suxestións e reclamacións

Listaxe de queixas, suxestións ou reclamacións remitidas á Comisión

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia moderada
10.9 ° C
12 °
10 °
100%
1.5kmh
75%
Xov
14 °
Ven
18 °
Sáb
16 °
Dom
16 °
Lun
17 °
X