Inicio Participa Danos a túa opinión Ordenanza simplificación administrativa actividades

Ordenanza simplificación administrativa actividades

Ordenanza de regulación integrada do exercicio de actividades e obras, para a simplificación administrativa no Concello de Pontevedra

Participación no procedemento de elaboración da Ordenanza de regulación integrada do exercicio de actividades e obras, para simplificación administrativa no Concello de Pontevedra

Ao abeiro do disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na súa calidade de organización máis representativa potencialmente afectada pola elaboración e futura aprobación da nova Ordenanza de regulación integrada do exercicio de actividades e obras, para a simplificación administrativa, no Concello de Pontevedra, solicítase a súa opinión, co fin de que, nun prazo de 10 días hábiles poida presentar, a través da páxina web, o parecer da súa organización e as suxestións que estime procedentes, verbo das seguintes cuestións que se desenvolven na copia da consulta que se remite previa á elaboración do proxecto de Ordenanza:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

A concelleira de Goberno delegada da área de urbanismo
Anabel Gulías Torreiro

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

NOME E APELIDOS

ENDEREZO ELECTRÓNICO

DNI

OPINIÓN

ADXUNTAR
Se queres podes enviar documentación adxunta, debes enviala comprimida nun solo arquivo en formato Zip ou Rar. O arquivo que nos envíes non pode pesar máis de 11 Mb.


Acepto as Condicións da LOPD.

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia moderada
10.9 ° C
12 °
10 °
100%
1.5kmh
75%
Xov
14 °
Ven
18 °
Sáb
16 °
Dom
16 °
Lun
17 °
X