Inicio Participa Danos a túa opinión Procesos conclusos Ordenanza reguladora da renda social

Ordenanza reguladora da renda social

Participación dos cidadáns no procedemento de elaboración da Ordenanza reguladora da renda social no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten o propósito de elaborar unha Ordenanza reguladora da renda social, coa intención de completar a regulación municipal na materia. Con tal motivo, deséñase un proceso participativo aberto ás asociacións e veciñanza interesada en debater e achegar respecto a esta iniciativa municipal.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

A Sra. Concelleira de Goberno responsable da área de benestar social e deportes
Anxos Riveiro