Inicio Participa Danos a túa opinión Procesos conclusos Regulamento dos Mercados Municipais de Abastos

Regulamento dos Mercados Municipais de Abastos

Participación dos cidadáns no procedemento de modificación do Regulamento  dos Mercados Municipais de Abastos do concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten o propósito de modificar o regulamento municipal dos Mercados municipais de Abastos coa intención de poder engadir dentro das obrigas dos concesionarios do primeiro andar un servizo de limpeza acorde cos novos usos e co horario que se van desenvolver. Con tal motivo, deséñase un proceso participativo aberto ás asociacións e veciñanza interesada en debater e achegar respecto a esta iniciativa municipal.

Poderá remitir as súas opinións e achegas a través do portal web do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal), no formulario habilitado ao efecto e durante o expresado prazo, no que calquera persoa poderá achegar a súas opinións na consulta pública que se efectúa.

A Sra. Concelleira de Goberno responsable de Urbanismo, Promoción Económica, Emprego e Turismo
Anabel Gulías Torreiro