Suxestións dos consellos de Tomeza, Salcedo e Lourizán para as súas parroquias

185

O Concello de Pontevedra vai a optar aos fondos DUSI da Unión Europa para o desenvolvemento urbano sustentábel e integrado, unha convocatoria na que a participación e un dos seus eixos esenciais. Co fin de dar a coñecer a convocatoria e recoller suxestións e posíbeis actuacións estanse a reunir os distintos consellos parroquiais. Nos últimos días foron dos de Tomeza, Salcedo e Lourizán.

O concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez, a aproveitou as xuntanzas para expor tamén os orzamentos municipais e dun xeito detallado as partidas adicadas ás parroquias. Os orzamentos para 2016, aprobados inicialmente no Pleno do pasado día 7, rozan os 72 millóns de euros. Inclúe 11 millóns en investimentos, dos que 6,5 millóns irán para a demarcación rural e algo máis de 2 para a urbana.

Pontevedra optará aos fondos DUSi por un importe de 18 millóns de euros xa que os criterios de selección (económicos, ambientais, sociais e demográficos) axústanse ao modelo urbano local. Propostas como a extensión do modelo de mobilidade ás parroquias, a recuperación do patrimonio natural e cultural, actuacións en prol da integración e loita contra a pobreza, de fomento do turismo ou iniciativas de achegamento dos cidadáns á administración terían cabida na convocatoria.

Dos consellos parroquiais saíron distintas suxestións vencelladas a mellora da mobilidade e accesibilidade, a recuperación e promoción do patrimonio histórico e natural e a mellora de servizos básicos.

Suxestións de Tomeza:

. Estensión do modelo urbano aos diferentes puntos da parroquia nomeadamente ás conexións con Pontevedra, incluíndo os viarios da Deputación

. Facer roteiros peoniles que una San Cibrán co resto da parroquia aproveitando os camiños existentes e promocionar a romaría do santo.

.Humanizar o adro da igrexa. Retirar os coches para garantir a seguranza viaria.

Suxestións de Salcedo:

. Instalar placas solares no pavillón de Cabanas e construír novas instalacións deportivas.

.Adquisición (compra) e rehabilitación de muíños para a sçua preservación e realización de traballos de mantemento dos roteiros existentes.

.Afondar no proxecto de desenvolvemento do núcleo de centralidade da parroquia.

Suxestións de Lourizán

.Traídas de auga en toda a parroquia e separación de augas pluviais e fecais.

.Instalación de placas solares e inclusión do proxecto de xeotermia na cofradía de pescadores.

.Carriles bici que unan Lourizán e o casco urbano e conectar lugares da parroquia atendendo ás necesidades da mobilidade peonil e ciclista como poden ser Agrovello co Regueiriño.

.Habilitar una senda peonil dende as instalacións da Brilat a Pontevedra.

.Medidas para potenciar o mercado e abastos de Estribela e para a dinamización do Cabo e o Areal.

.Fomentar o coñecemento do espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños.

.Acondicionar a contorna do colexio Carballeira e os lugares de As Nogueira e Agrovello.