Inicio Participa Toma a palabra

Toma a palabra

Os barrios, as parroquias, as entidades sociais de calquera natureza dispoñen dun sistema de participación cidadá que trata de lograr a implicación activa da cidadanía nos asuntos comúns, renovando -unha vez máis- o compromiso coa vitalidade democrática.
O porvir do noso concello é cousa de todas e todos, polo que xa podes tomar a palabra para mellorar Pontevedra.Participa logo

  1. Implícate. Pontevedra Participa é un sistema de participación pública nos asuntos municipais que servirá para fomentar a implicación dos veciños e veciñas no futuro de cada barrio ou parroquia.
  2. Atención específica. Os concelleiros e concelleiras responsábeis de cada territorio atenderán as demandas cidadáns nunha axenda acordada cos veciños.
  3. Consellos territoriais. Nos Consellos territoriais constituídos están representadas todas as entidades de cada parroquia ou barrio, e son foros que expresan regularmente a opinión colectiva de cada ámbito.
  4. Calquera asunto. Cultura, obras públicas, infraestruturas, mobilidade, patrimonio, servizos públicos, ambiente, sanidade, deporte, educación etc… Calquera cuestión pode ser abordada ou debatida neste sistema participativo.
  5. Exprésate abertamente. Atendemos especificamente aos colectivos con implantación territorial, de tal xeito que poidan expresar en todo momento as súas aspiracións, opinións, puntos de vista ou críticas sobre calquera asunto que desexen.
  6. Participa activamente. A túa participación activa nas entidades sociais é importante para lograr resultados positivos. Anímate a tomar a palabra e verás como entre todas e todos conseguimos maiores retos.
  7. Calidade democrática. Afóndase nun modelo de cidade e concello cohesionado e de profundos valores democráticos e alta calidade, combinando a participación directa da cidadanía cos mecanismos institucionais.

O TEMPO

Pontevedra, ES
lluvia moderada
10.9 ° C
12 °
10 °
100%
1.5kmh
75%
Xov
14 °
Ven
18 °
Sáb
16 °
Dom
16 °
Lun
17 °
X