Pontevedra era o maior porto de Galiza no século XV

A porta da Delegación de Facenda, na Ferraría, era a Porta de San Domingos, da antiga muralla da cidade

A Delegación de Facenda ocupa un edificio do 1800 anexo á igrexa de San Francisco

A fonte da Ferraría foi colocada donde está agora, en 1930, xa que antes estaba no centro da praza

A fonte da Ferraría foi construída no século XVI seguindo o modelo de chafariz portugués, por Domingos Fernández e Joao Lopes

As persoas que peregrinan a Santiago penetran no centro histórico pola Ponte de Trabancas. Desde alí guíanse polas luces azuis do pavimento

A Igrexa de San Francisco, do século XIV, foi declarada monumento histórico-artístico en 1896

Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, ten a súa sepultura na Igrexa de San Francisco

A imaxe de Xesús Nazareno da Igrexa de San Francisco, data do século XIX

Na praza de Curros Enríquez existe un monumento a Alexandre Bóveda, fundador do Partido Galeguista. Foi fusilado polos franquistas durante a guerra de 1936.

A praza da Verdura toma o seu nome da antiga feira de verdura, castañas e froita que había neste lugar.

A Casa da Luz, na praza da Verdura, chámase así porque no século XIX había unha fábrica de electricidade

Pontevedra foi a unha das primeiras cidades de España en contar con alumeado público, en 1888

A igrexa de San Bartolomeu construeuse entre 1696 e 1714. É de estilo barroco, coas influenzas romanas da época

A Igrexa de San Bartolomé atesoura imaxes de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, das escolas compostelá e castelá.

A Praza de Méndez Núñez coñecíase antigamente como Praza das Galiñas, xa que alí se celebraba o mercado de aves

O gran caserón dos Cruz e Montenegro, construído no SXV pero hoxe desvirtuado polas reformas que sufreu, viviu o almirante Casto Méndez Núñez, que da nome á praza

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

A praza da Pedreira, onde está o Pazo de Mugartegui, chamábase así porque antigamente alí había moita actividade de labra e talla de pedra

En 1892 prodúcese unha das maiores protestas populares, protagonizada por pescadeiras e leiteiras polo pago dos «consumos»; dous anos máis tarde, terán lugar os disturbios contra o Imposto de cédulas persoais

O Pazo de Mugartegui é unha fermosa edificación dos séculos XVII e XVIII, un exemplo arquitectónico urbano do barroco galego

Os escudos que aparecen na fachada do Pazo de Mugartegui son os das familias Figueroa, Araúxo, Miranda e Quirós. Coroando o edificio existe un magnífico reloxo de sol

O Pazo de Mugartegui é unha propiedade do Concello de Pontevedra cedido como sede da Denominación de Orixe Rías Baixas

O arqueiro grego Teucro, segundo a lenda, fundou a cidade de Pontevedra durante a súa viaxe a occidente tras a guerra de Troia

A praza do Teucro atesoura a maior colección viva da heráldica urbana, en pazos como o dos Gago e Montenegro, San Román e Aranda, dos séculos XVII e XVIII

A fonte da praza do Peirao é unha feitiña peza redonda do século XVIII. Antes dos sucesivos recheos, o mar chegaba alí

Na praza das 5 rúas vivía Valle -Inclán. E enfrente vivía o veciño de Valle-Inclán, como lembra unha frase pintada na parede

O cruceiro da Praza das 5 rúas foi emprazado alí tras a guerra civil, desde o seu lugar de orixe, Estribela

O Museo de Pontevedra ten 6 edificios. Os 5 primeiros teñen nome: Castro Monteagudo, García Flórez, Sarmiento, Fernández López e as ruinas de Santo Domingo

O Museo de Pontevedra foi fundado a finais do SXIX por varios intelectuais a finais do SXIX, entre eles Castelao. O padroado nace en 1927 da colaboración entre a Deputación e a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra

As casas barrocas de Castro Monteagudo e García Flórez, hoxe parte do Museo de Pontevedra, son grandes exemplos da arquitectura urbana galega do SXVIII

As ábsidas góticas son o único vestixio do antigo Convento de San Domingos, hoxe parte do Museo de Pontevedra

O arco que une dous edificios do museo foi construído a mediados do século XX

O Museo de Pontevedra foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1962

Visita a exposición de Arqueoloxía galega do Museo, con importantes pezas da Idade do Bronce e orfebrería prehistórica

O Museo de Pontevedra ten importantes coleccións de acibeches composteláns e cerámica popular galega, así como de Sargadelos

Unha parte importante do museo ocúpase da historia marítima, o gremio de Mareantes e mariños pontevedreses, como os irmáns Nodales ou Pedro Sarmiento de Gamboa

A igrexa do Convento de Santa Clara é da segunda metade do S XIV, de estilo gótico, con reformas posteriores e varios retablos barrocos

O Museo posúe a obra case completa de Castelao, un dos seus fundadores

O Convento de Santa Clara edificouse extramuros, na parte exterior da porta de Santa Clara, no Camiño de Castela

O monumento aos herois de Ponte Sampaio foi levantado en 1911 para lembrar a victoria galega sobre as tropas napoleónicas en 1808

A Praza do Concello ou Praza de España nace a raiz do derrubamento da muralla, a principios do século XX

A Av. de Montero Ríos e a Alameda ocupan o espazo que antes pertencía ás hortas do convento de San Domingos, do que só quedan as ruinas oxivais

Un senlleiro conxunto arquitectónico de principios do século XX confórmano o Concello, o Instituto Valle-Inclán, a Deputación, a antiga sede de Educación, Alameda e xardíns de Vicenti e As Palmeiras

A rúa Gutiérrez Mellado continúa o elegante alineamento de palmeiras que nace no parque, integrando aínda máis o parque na trama urbana

O arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros edificou entre os séculos XIX e XX as sedes do Concello e a Deputación

Da igrexa de San Domingos, do S XIV, só nos queda o ábside gótico. As popularmente coñecidas como ruinas son Monumento Histórico Artístico desde 1895

As ruinas de San Domingos, acougan a gran colección lapidar do Museo: escudos, labras e sepulcros de cabaleiros medievais

Pedro Madruga, como se coñecía a Pedro Álvarez de Soutomaior, o gran nobre galego do século XV, estivo enterrado en San Domingos

O Pazo da Cultura é unha obra de Manuel de las Casas de 1997, sobre terreos que antes fóran xunqueiras

As Moureiras, o barrio dos mareantes, son tres: a de arriba (perto da actual ponte), a da Barca e a de Abaixo (San Roque)

A capela de San Roque estaba antes nas Corbaceiras. Foi trasladada á súa ubicación actual en 1861

A primeira construción da praza de touros, de 1892, era de madeira. O día da Peregrina de 1999 inaugurouse a actual

A Illa do Cobo, tamén chamada das Esculturas, é do pouco que queda sen edificar das antigas xunqueiras do Lérez

O río Lérez foi un dos lugares predilectos de Frei Martín Sarmiento para o seu estudio científico da botánica e a lingua galegas

As ubicacións das esculturas da Illa do Cobo fóron elixidas por cada un dos seus autores

Giovanni Anselmo, Fernando Casás, José Pedro Croft, Dan Graham, Francisco Leiro, Richard Long, Robert Morris, Anne & Patrick Poirier, Ulrich Rückriem e Enrique Velasco son os autores das obras escultóricas da Illa

Unha frecuentada e engaiolante senda de 6 km percorre o río Lérez pola súa marxe sur entre a ponte dos Tirantes e a presa de Bora

A cola de cabalo, unha fermosa fervenza que forma un regato que desemboca no Lérez é unha das máis senlleiras paisaxes da Senda do Lérez

O río dos Fontáns, que ven de Santo André de Xeve, chega ao Lérez entre muíños, formando unha pequena pero agradábel praia fluvial natural

O río dos Gafos, antes de chegar á cidade, atravesa Vilaboa, Tomeza e a zona norte de Salcedo

O río dos Gafos cruza baixo a Av. de Vigo pola Ponte Boleira, chega a Campolongo, circula por debaixo do parque e renace perto da rúa Rosalía Castro, desde a que chega ás Corbaceiras para desembocar

Antes, o treito final do río dos Gafos estaba cheo de lavandeiras, que aproveitaban as súas augas cristalinas

O Concello é un edificio de Alejandro Sesmeros de finais do século XIX, construído sobre as antigas Casas do Concello (Séculos XV e XVI)

Teatro Principal e Liceo Casino edificáronse no solar de San Bartolomé O Vello, destruída en 1842

A Casa das Campás é un edificio municipal cedido á Universidade para ubicar nel o seu Vicerrectorado. Foi restaurado, pero conserva a fachada, do século XV

A Basílica de Santa María demostra o enorme poder do Gremio de Mareantes no S XVI

A Basílica de Santa María é unha mestura entre o gótico tardío e o renacemento

A fachada de Santa María é o mellor exemplo galego do estilo plateresco. Os seus autores fóron Cornelis de Holanda e Joao Noble

No interior de Santa María: Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería.

A casa do Barón de Casa Goda, antiga residencia dos Condes de Maceda, é hoxe Parador de Turismo, un pazo renacentista do s XVII

A primeira ponte do Burgo que houbo estímase que a construíron os romanos para dar continuidade á súa vía XIX

Estímase que a primitiva ponte do Burgo mantívose en pé ata mediados do século XII

Ponte Veteri foi o nome con que se coñecía a actual Pontevedra, debido ao estado ruinoso e vello que ofrecía a primitiva ponte do Burgo despois do s XII, cando se construeu a nova ao seu carón

O mercado municipal foi restaurado en 2003 polo arquitecto pontevedrés César Portela

As ruínas de Santo Domingo son a cabeceira do vello convento, con 5 ábsides de finais do século XIV, a maior construida polos dominicos en Galiza

Na época da Restauración, a finais do XIX, iníciase un proceso de readaptación urbana e mellora das infraestruturas: rehabilítase o casco histórico, planifícase o ensanche, levántanse novos edificios públicos, chega o ferrocarril,…

Ante o mal estado no que se atopaban as vellas casas do concello construídas no século XVI, o goberno municipal decide derrubalas en 1877 e edificar o actual consistorio

O actual Concello edifícase sobre un proxecto de Sesmero de marcado carácter francés. Recíbese en 1880 e o seu primeiro cometido foi acoller a Exposición Rexional daquel ano

O concello é de estilo ecléctico. Destaca o balcón central, peza clave na arquitectura das casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade. O seu arquitecto, Sesmero, tamén deseñou a escaleira de fundición con dous tiros que se unificaban nun rechán para o interior, hoxe substituída por unha de pedra

No último cuarto do XIX actúan no interior do recinto amurallado, ensánchanse e paviméntanse gran cantidade de rúas e derrúbanse moitos tramos de soportais

No último cuarto do XIX edifícase o Liceo Casino, e despois dun longuísimo período de obras, inaugúrase o Teatro Principal en 1878, no solar onde se erguera a antiga igrexa de San Bartolomeu o vello

No último cuarto do XIX mellóranse as comunicacións, e o aspecto medieval da cidade vai mudando ante a necesidade de contar con espazos para a edificación ou de uso público

A finais do século XIX Pontevedra transformouse profundamente con grandes espazos abertos como a Alameda, As Palmeiras ou a Estación de Campolongo, donde hoxe está a Praza de Galiza