As ARBORES da cidade - page 11

Etimoloxía
Esta palabra indica cal é a procedencia de cada unha das palabras que compoñen o nome
científico, nos casos que o saibamos.
Orixe
Indicamos cal é a área onde se encontra de xeito silvestre cada especie, subespecie ou
variedade, e, no caso, dos cultívares, onde e quen obtivo ou detectou cada un deles.
Utilidades e curiosidades
Sinalamos o interese de cada planta (ornamental, forestal,medicinal,…) e, se o coñecemos,
algún detalle curioso.
Momentos demaior interese ornamental
Son aquelas épocas do ano en que recomendamos (se é o caso) ver a planta en cuestión por
distintos motivos desde o punto de vista ornamental: a súa floración, frutificación, cambio de cor
das follas…
Localización e número de exemplares
Indícase o lugar onde se pode ver cada árbore plantada e o número de exemplares. Non se
contabilizaron aquelas árbores que son espontáneas (non foron plantadas) e que se integraron
dentro dun espazo recreativo (salvo que sexa un número reducido) como, por exemplo, os
eucaliptos (
Eucalyptus globulus
) ou acacias (
Acacia dealbata,A.melanoxylon
) da illa do Covo
(Illa das Esculturas na Xunqueira) ou os amieiros (
Alnus glutinosa
), loureiros (
Laurus nobilis
),
sabugueiros (
Sambucus nigra
subsp.
nigra
), piqueiras (
Robinia pseudoacacia
) ou salgueiros
(
Salix atrocinerea
) do paseo urbano do río dos Gafos. De todos os xeitos, hai que ter en conta
que esta contabilización de plantas fíxose nunmomento determinado, co cal non deixa de ser
unha fotografía da situación dos parques e xardíns de Pontevedra nun intre da súa historia, xa
que é sabido que están suxeitos a diversas incidencias: obras, efectos dos temporais, pragas e
doenzas.
A recollida de datos que se presentan neste texto pechouse o
15 de febreiro de 2010
, despois
de que, entre outras incidencias demenores consecuencias, o temporal bautizado como
Flora
acabase de facer serios danos na nosa flora arbórea (valla a redundancia!). O resultado foi a
identificación de 300 taxons con porte arborescente,maioritariamente leñosos.
Ademais dos devanditos datos, inclúese en cada ficha unha fotografía ou, nos casos que o
consideramos necesario, algunha outra imaxe de detalle ou dalgunha das variedades ou
cultívares da especie en cuestión, de xeito que sexa facilmente identificable.Ao pé dalgunhas
imaxes indicamos o lugar (parque, xardín, rúa, avenida…) onde se encontra a devandita planta.
1...,2,3,4,5,6,7,8,9,10 12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,...320
Powered by FlippingBook