As ARBORES da cidade - page 112

Pontevedra_As árbores da cidade
Cinnamomum camphora
(L.) J.Presl.
80
Anxiospermas
Sinónimos
:
Laurus camphora
L.
Nomes populares
:
gal
.: árbore do alcanfor, alcanforeiro;
cast
.: árbol del alcanfor, alcanforero.
Etimoloxía
: o xénero procede do nome dado a esta árbore na Grecia clásica, e o epíteto
específico refírese ao alcanfor.
Familia
: Lauraceae
Orixe
: China, Xapón,Taiwán eMalaisia.
Utilidades e curiosidades
: especie interesante como ornamental polo seu porte compacto e
sempre verde, bastante resistente ás xeadas en lugares de clima suave como a nosa cidade. Pero
esta planta é coñecida porque dela se extrae alcanfor, aceite esencial contido en todos os
tecidos, aínda que tenmaior concentración namadeira, tanto na parte aérea como nas raíces.
Aínda que, tradicionalmente, a obtención do alcanfor facíase por medio da destilación da
madeira, agora tamén se extrae das follas e pólas novas, de xeito que as árbores non se cortan
ata que, polomenos, teñen 50 anos. O alcanfor, que tamén se pode obter de síntese e a custo
máis reducido, úsase, por exemplo, como desinfectante, antiséptico, insecticida e para a
fabricación do
celuloide (material
tradicionalmente
fundamental para a
industria do cine).A
madeira ten cor
marrón clara, é doada
de pulir e emprégase
paramobles,
ebanistería e acabados
interiores de edificios.
Momentos demaior
interese ornamental
:
todo o ano.
Localización e
número de
exemplares
: paseo de
Rosalía de Castro
(parque das palmeiras,
a carón da antiga
Delegación de
Educación) (1).
a
1...,102,103,104,105,106,107,108,109,110,111 113,114,115,116,117,118,119,120,121,122,...320
Powered by FlippingBook