As ARBORES da cidade - page 116

Pontevedra_As árbores da cidade
Citrus limon
(L.) Burm.f.
84
Anxiospermas
Sinónimos
:
Citrus limonum
Risso.
Nomes populares
:
gal
.: limoeiro;
cast
.: limonero.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos a estas árbores, procede da palabra grega
kitros.
O epíteto específico deriva do persa
limun
, nome xenérico usado para denominar os
cítricos.
Familia
: Rutaceae.
Orixe
: ao parecer procede da India e que a trouxeron os árabes a Europa no século X. Outros
autores falan dunha procedenciamáis ampla: sur e sueste deAsia.
Utilidades e curiosidades
: árbore interesante como ornamental polas súas flores brancas
arrecendentes e os seus froitos amarelos, os limóns, que se usan para facer zumes,marmeladas,
extracción de sustancias aromáticas e saborizantes, como condimento…Polo seu alto contido en
vitamina C, usáronse antigamente contra o escorbuto. O principal problema que presentan, como
o resto dos cítricos enmaior oumenor medida, é a tendencia que teñen a ser atacadas as follas,
pólas e froitos por insectos (cochinillas, pulgóns…) e fungos (fumaxina) o que fai que sexa
necesario aplicarlles produtos fitosanitarios conmoita frecuencia.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera cando florea e en outono-inverno, cando
madurecen os seus froitos.
Localización e número de exemplares
: albergue dos peregrinos (1); xardín entreAlcaldeHevia
e a igrexa de San Xosé (1); paseo urbano do río dos Gafos (5).
a
1...,106,107,108,109,110,111,112,113,114,115 117,118,119,120,121,122,123,124,125,126,...320
Powered by FlippingBook