As ARBORES da cidade - page 132

Pontevedra_As árbores da cidade
Eriobotrya japonica
(Thunb.) Lindl.
99
Anxiospermas
Sinónimos
:
Mespilus japonica
Thunb.;
Photinia japonica
(Thunb.) Franch. &Sav.
Nomes populares
:
gal
.: nespereira,manolito;
cast
.: níspero, níspero del Japón, nispolero del Japón.
Etimoloxía
: o xénero deriva do grego
erion,
la, e
botrys
, acio, polas súas inflorescencias pilosas
e o epíteto específico débese a súa suposta procedencia.
Familia
: Rosaceae
Orixe
: natural da China emoi cultivado no Xapón.
Utilidades e curiosidades
: produce froitos comestibles (as nésperas), aínda que teñen pouca
carne e grandes sementes, que xermolan conmoita facilidade, o que fai que a granmaioría das
plantas de nespereira que hai en Galicia sexan de semente, o que leva a que a calidade e
tamaño do froito sexamoi variable.A nivel ornamental, destaca polo seu porte, follas de cor
verde escura na face e pardo tomentosas no envés, flores tomentosas e arrecendentes e froitos
de cor amarelo-alaranxado.As pólas novas eranmoi apreciadas como forraxe. O nome
manolito
úsase en Boiro (ACoruña) e provén da certa semellanza entre esta especie e amagnolia de
flores grandes (
Magnolia grandiflora
).As plantas censadas nos xardíns de Pontevedra proceden
de sementes que naceron ventureiras ou non se plantaron con intención ornamental.
Momentos demaior interese ornamental
: de xeito especial na floración (outono e comezos do
inverno) e na frutificación
(abril-maio).
Localización e númerode
exemplares
: rúaRosalía de
Castro (1); IESSánchez
Cantón (2); rúaPadre
Sarmiento (1); facultade de
BelasArtes (1); avenida de
XoánCarlos I (2);Santa
Teresa deXesús Jornet (1);
rúa doXeneralAntero
Rubín (patio interior) (1);
CEIPCampolongo (1);
escola infantil EEI
ConcepciónCrespoRivas
(1); xardín entreAlcalde
Hevia e a igrexa deSan
Xosé (2); rúaAlcaldeHevia
(1); rúa JoséMalvar
Figueroa esquina co
CamiñoVello deCastela
(1);CentroGalego de
TecnificaciónDeportiva (1);
depósitomunicipal do
guindastre (1); barrio da
Seca (1); rúaSanMartiño
(1); avenida deVigo (antiga
Delegación deSanidade)
(1); IESAXunqueira (2);
paseo urbano do río dos
Gafos (2).
a
b
1...,122,123,124,125,126,127,128,129,130,131 133,134,135,136,137,138,139,140,141,142,...320
Powered by FlippingBook