As ARBORES da cidade - page 149

Pontevedra_As árbores da cidade
115
Anxiospermas
Orixe
: a especie é nativa de Europa eAsiaMenor. O cultívar
‘Angustifolia’
foi descuberto en
Alemaña en 1903. O cultívar
‘Pendula’
detectouse en Inglaterra en 1725.
Utilidades e curiosidades
: árbore bastante usada como ornamental, polo seu porte e follaxe
pouco densa.Amadeira de cor ocre, é doada de traballar emoi resistente, polo que é usada en
tornería e para facer eixos de carros, xugos de bois,mangos de ferramentas, zocas,mobles e na
industria aeronáutica.A casca, en infusión, é antipirética e reconstituínte.
Momentos demaior interese ornamental
: da primavera ao outono, cando ten follas.
Localización e número de exemplares
: rúa Benito Corbal (1); paseo urbano do río dos Gafos
(3); praza de Galicia (132); parque entre a parada de autobuses da praza de Galicia e a rúa
AlcaldeHevia (23); avenidaAugusto García Sánchez (90); parque das Camelias (AParda) (1);
xardín entre a avenida de Compostela e a rúa Celso Emilio Ferreiro (13); CEIPAXunqueira I
(2);Escola Oficial de Idiomas (2); CEIPCampolongo (2); praza deMollavao (9); IESA
Xunqueira (4); campus universitario da Xunqueira (arredores de Fisioterapia e Ciencias da
Educación) (16); parque da Constitución (2); xardín entreAlcaldeHevia e a igrexa de San Xosé
(2); avenida doUruguai-avenida das Corvaceiras (3); ‘
Angustifolia
’: avenidaAugusto García
Sánchez (concesionario Repsol) (6); xardín entre aAvenida deAugusto García Sánchez e o
parque da Constitución (8); ‘
Pendula
’: arredores da igrexa de San Xosé (2).
c
1...,139,140,141,142,143,144,145,146,147,148 150,151,152,153,154,155,156,157,158,159,...320
Powered by FlippingBook