As ARBORES da cidade - page 158

Pontevedra_As árbores da cidade
Juglansnigra
L.
123
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: nogueira americana, nogueira
negra;
cast
.: nogal negro, nogal deAmérica, nogal
negro deAmérica.
Etimoloxía
: o xénero deriva do nome que lle
daban os romanos (usado por Cicerón) tanto á
árbore como ao froito, posiblemente derivado
de
Jovis
, Xúpiter, e
glans
, landras. O epíteto
específico provén do latín
nigrum
, negro,
pola cor que toma o froito aomadurecer.
Familia
: Juglandaceae.
Orixe
: procede das rexións central e oriental
dos Estados Unidos.
Utilidades e curiosidades
: como ornamental
é unha especie interesante: ten follas pinnadas,
moi longas e bota un froito
(c)
globoso cun cheiromoi
agradable e inconfundible,
dentro do cal encóntrase unha
noz pequena emoi leñosa,
comestible aínda que difícil de
extraer; porén, é importante
na dieta dalgunhas tribos
indias americanas. Esta
árbore cultívase sobre todo
para a obtención da súa
fermosamadeira de cor
vermella escura, dura e non
atacable polos insectos,moi
usada en ebanistería, no
acabado interior de vivendas,
na fabricación de culatas de
armas de fogo e na industria
naval. Como curiosidade, as
raíces conteñen unha
sustancia que pode envelenar
as árbores próximas.
Momentos demaior interese
ornamental
: durante o
período vexetativo, ou sexa,
cando ten follas, de primavera
ao outono, polo porte e
froitos.
Localización e número de
exemplares
: IESAXunqueira
(2).
a
b
1...,148,149,150,151,152,153,154,155,156,157 159,160,161,162,163,164,165,166,167,168,...320
Powered by FlippingBook