As ARBORES da cidade - page 181

Sinónimos
:
Malus x atrosanguinea
(Späth)
C.K. Schneid. x
M. domestica
(Borkh.) Borkh.
‘Niedzwetzkyana’;Malus floribunda
var.
purpurea
Barbier
Nomes populares
:
gal
.:maceira vermella,
maceira asiática chorona (o cultívar ‘
Pendula
’);
cast
.:manzano rojo,manzano híbrido purpúreo,
manzano púrpura,manzano asiático llorón (o
cultívar ‘
Pendula
’).
Etimoloxía
: o xénero é o nome que os romanos
daban a esta árbore, e o epíteto específico vén
do latín
purpureus
, de cor púrpura, atendendo
ás tonalidades das distintas partes deste
híbrido. O cultívar ‘
Lemoinei
(a)
, foi observado
en 1922 nos viveiros Lemoine, situados en
Nancy (Francia). O cultívar ‘
Pendula
(b)
denomínase así polo seu porte chorón, con pólas
colgantes ata o solo.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: híbrido obtido polo cruzamento entre
Malus x atrosanguinea
e
M. domestica
‘Niedzwetzkyana’
(este último cultívar para
algúns autores é unha especie autónoma), obtido
por primeira vez nos viveiros Barbier deOrleans
(Francia), arredor do ano 1900.
Utilidades e curiosidades
: híbrido de grande
interese ornamental en forma de calquera dos
seus cultívares, pola súas follaxe, flores e
froitos. O cultívar ‘
Lemoinei
’ presenta follas e
flores de cor vermella púrpura e froitos do
tamaño dunha cereixa de cor vermello escuro.
No caso do cultívar ‘
Pendula
’ as follas e flores
son semellantes a ‘
Lemoinei
’ pero o porte é
chorón. Na praza de San Xosé foron enxertadas
hai uns anos castes autóctonas demazá (
M.
domestica
) (non sabemos cales) sobre as
plantas destamaceira asiática que están alí
plantadas; prenderon case todas as pugas e,
nalgún caso, podemos ver a clara diferenza de
tamaño e demomento demaduración entre os
froitos destamaceira asiática e os destas
castes do país.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera, cando se produce a floración, e finais do verán e
outono, cando están formadas emaduras as pequenas mazás que produce.
Localización e número de exemplares
: praza de San Xosé (3, enxertados como comentamos con castes
autóctonas demaceira); ‘
Lemoinei’
: rúa Gaiteiro Ricardo Portela (3); ‘
Pendula
’: rúa IglesiasVilarelle (1);
rotonda da alameda (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Malusxpurpurea
(Barbier) Rehd.
141
Anxiospermas
a
b
1...,171,172,173,174,175,176,177,178,179,180 182,183,184,185,186,187,188,189,190,191,...320
Powered by FlippingBook