As ARBORES da cidade - page 182

Pontevedra_As árbores da cidade
Melaleucaarmillaris
(Soland.&Gaertn.) Sm.
142
Anxiospermas
Sinónimos
:
Metrosideros armillaris
Soland. &Gaertn.
Nomes populares
:
gal
.:melaleuca;
cast
.:melaleuca, brazalete.
Etimoloxía
: o xénero procede do grego
melas,
negro, e
leukos
, branco, porque algunhas especies
teñen a casca negra no tronco e branca nas pólas, e o epíteto específico, do latín
armillaris,
con
brazaletes, pola distribución dos froitos arredor das pólas.
Familia
:Myrtaceae
Orixe
:Nova Gales do Sur (sueste deAustralia).
Utilidades e curiosidades
: especie que se plantaba antes moitomáis que agora: só hai que
fixarse en que amaioría dos exemplares que se poden ver na costa galega (illas de Ons e
Sálvora, paseomarítimo de Boiro,...) teñen xa bastantes oumoitos anos, como o que
presentamos nesta ficha. Esta especie ten valor ornamental polas súas póliñas sempre fértiles,
follas semellantes a pequenas agullas e aromáticas, flores con numerosos estames de cor branca
ou crema e froitos que quedan pegados á póla semellando o conxunto deles un limpa-botellas.
Úsase especialmente para aproveitar as súas pólas como verde de corte para complementos dos
ramos que elaboran nas florerías.
Momentos demaior
interese ornamental
: o
conxunto de
características destacadas
anteriormente fan que
sexa interesante durante
todo o ano, aínda que a
planta censada florea
pouco polas podas a que se
lle somete.
Localización e número de
exemplares
: parque da
Constitución (1).
a
b
1...,172,173,174,175,176,177,178,179,180,181 183,184,185,186,187,188,189,190,191,192,...320
Powered by FlippingBook