As ARBORES da cidade - page 192

Pontevedra_As árbores da cidade
Oleaeuropea
L.
150
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: oliveira;
cast
.: olivo.
Etimoloxía
: o xénero é o nome que os romanos lles daban a esta árbore e ao seu froito, e
procede do grego
élaion
, aceite. O epíteto específico dado por Linneo (L.) déuselle pensando
que se trataba dunha especie exclusiva de Europa.
Familia
: Oleaceae
Orixe
:Asia Oriental; pero está naturalizada en toda a rexiónmediterránea, incluída a península
ibérica.
Utilidades e curiosidades
: ultimamente émoi usada como árbore ornamental dende a aparición
nomercado de oliveiras centenarias a bo prezo arrincadas de antigos cultivos a causa de obras
públicas, abandono de cultivos…Dos froitos da oliveira (olivas)
(b)
extráese o tan cobizado
aceite de oliva, ademais de consumilos verdes, previamente preparados en salmoira e/ou recheos
con anchoas, pementos, etc.As follas son hipoglucemiantes e usáronse contra da diabete, para
baixar a tensión sanguínea e para combater certas dores de cabeza consecuencia das doenzas
antes citadas. É unha árbore ligada ao folclore galego, xa que sonmoitos os lugares de Galicia
nos que as pólas de oliveira son levadas o Domingo de Ramos, xunto co loureiro, para ser
bendicidas e atraer logo a boa sorte ás casas.As súas pólas son emblema da paz.Amadeira é de
boa calidade para a fabricación dos eixes e os xugos dos carros. Nas áreas da rexión
mediterránea onde se cultiva extensivamente é unha das principais plantas causantes de alerxia
ao pole nomomento da súa abundante floración.
Momentos demaior interese ornamental
: practicamente todo o ano, xa sexa polo seu porte
ou, por exemplo, candomadurecen as olivas en inverno.
Localización e número de exemplares
: rúa da Oliva (1); rúa González de Zúñiga (santuario da
Peregrina) (1);Praza entre a avenida
de Xoán Carlos I, rúa da Carrasqueira e
a rúa de SanAmaro (6); albergue de
peregrinos (1); barrio da Seca (2);
parque do Cogomelo (1); praza da
Constitución (1); arredores da igrexa de
San Xosé (1); rotonda entre a avenida
de BosAires e a ponte de Santiago (3);
avenida de Fernández Ladreda (1).
a
b
1...,182,183,184,185,186,187,188,189,190,191 193,194,195,196,197,198,199,200,201,202,...320
Powered by FlippingBook