As ARBORES da cidade - page 205

Pontevedra_As árbores da cidade
Populus tremula
L.
162
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: chopo tremedeiro;
cast
.: temblón, chopo temblón, álamo
temblón, lamparilla.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a
esta árbore,
arbor populi
, árbore do pobo, e o
epíteto específico vén do latín
tremulus
, que treme,
axitado, facendo referencia a que as follas sonmovidas
doadamente polo vento.
Familia
: Salicaceae.
Orixe
: case toda Europa, norte deÁfrica,Asia temperada ata China e Xapón.
Utilidades e curiosidades
: omáis vistoso desta planta (e de aí os seus nomes vulgares) é que
as follas tremenmoito só con algo de vento, detalle que se aprecia ben na única árbore
observada ao estar xunto aomar, onde son frecuentes os ventos.Ao igual que o resto das
especies do xénero
Populus
, é unha das principais plantas causantes de alerxias ao pole noutras
zonas de España, xa que en Galicia case non se planta.Madeira de cor amarelo-crema,moi
branda, lixeira, emprégase para facer mistos, palillos, tornería, xoguetes, carbón e pólvora.
Momentos demaior interese ornamental
: cando ten follas (da primavera ao outono).
Localización e número de exemplares
: avenida das Corvaceiras (1).
a
b
1...,195,196,197,198,199,200,201,202,203,204 206,207,208,209,210,211,212,213,214,215,...320
Powered by FlippingBook