As ARBORES da cidade - page 209

Pontevedra_As árbores da cidade
165
Anxiospermas
Utilidades e curiosidades
: especie froiteira cultivada para obter os seus froitos, as cereixas,
que se consomen en fresco e tamén se transforman en produtos comomarmeladas, forman parte
de iogures ou úsanse para elaborar augardente de cereixa ou kirsch; ademais é cultivada polo
valor da súamadeira, pesada, dura, avermellada,moi apreciada en ebanistería, tornería, para a
fabricación demobles, instrumentos e chapas.Tamén é cultivada como ornamental pola beleza
da súa casca, flores e froitos. Na praza situada entre as rúas Peregrina e Daniel de la Sota
foron enxertadas hai uns anos castes autóctonas de cereixa (non sabemos cales) sobre as
cerdeiras que están plantadas nesta praza (que ao proceder de semente, teñen froito pequeno)
prendendo case todas as pugas; enmaio-xuño pódese ver sobre amesma planta a diferenza de
tamaño de froito e demaduración das castes respecto ás propias da árbore.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera ata comezos do verán, período dende que
aparecen as flores emadurecen os froitos.
Localización e
número de
exemplares
: praza da
Verdura (4); rúa
Cobián Roffignac (17);
rúa da Peregrina -
Daniel de la Sota (8);
CEIPAXunqueira I
(1); centro de
formación e recursos
de Pontevedra (CFR)
(1); IESAXunqueira
II (2); CEIP
Campolongo (1);
barrio da Seca (1);
xardín entreAlcalde
Hevia e a igrexa de
San Xosé (1);Villa
Pilar (1); paseo urbano
do río dos Gafos (1);
illa do Covo (Illa das
Esculturas) (1).
b
1...,199,200,201,202,203,204,205,206,207,208 210,211,212,213,214,215,216,217,218,219,...320
Powered by FlippingBook