As ARBORES da cidade - page 22

Pontevedra_As árbores da cidade
Cedrusdeodara
(D.Don) G.Don
6
Nomes populares
:
gal
.: cedro doHimalaia, cedro chorón;
cast
.: cedro del Himalaya.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos a varias xenebreiras, e semella derivar do
grego
kedron
, nome dado a unha conífera na época deHomero, posiblemente un
Juniperus.
O epíteto específico procede do sánscrito
deodara
, divino, e é o nome que recibe a árbore no
norte da India.
Familia
: Pinaceae
Orixe
:montañas doHimalaia (Asia).
Utilidades e curiosidades
: gran valor ornamental polas súas ramificacións e ápice péndulos.
Préstase para ser podado e crear con el curiosas figuras animais de gran tamaño: elefantes,
mamuts... Produce unhamadeira aromática de boa calidade e dela obtense o aceite de cedro.
As distintas especies de cedros hibridan con certa facilidade, polo que non sempre se pode
identificar con precisión cada planta. Os exemplares dos xardíns deVincenti están incluidos no
“Catálogo de formacións senlleiras de Galicia”.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: xardíns deVincenti (parque das palmeiras) (4); parque
de Rosalía de Castro (3); illa do Covo (Illa das Esculturas) (1); Campo daTorre (1); praza dos
Soutos (3); entre a avenida de Compostela e a rúa Celso Emilio Ferreiro (2); CEIPCampolongo
(3); cemiterio de SanAmaro (2); xardíns do Dr. EnriqueMarescot (1); parque do Cogomelo (1);
parador, Casa do Barón (2); campus universitario da Xunqueira (arredores de Ciencias Sociais)
(4); avenida de Fernández Ladreda (7).
Ximnospermas
a
1...,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21 23,24,25,26,27,28,29,30,31,32,...320
Powered by FlippingBook