As ARBORES da cidade - page 220

Sinónimos
:
Prunus subhirtella
Miq. x
P. speciosa, P. paracerasus
Koehne
Nomes populares
:
gal.
: cerdeira híbrida xaponesa; cerdeira deTokyo;
cast
.: cerezo híbrido
japonésYoshino, cerezo deTokyo.
Etimoloxía
: o xénero é o nome romano dado a todas as plantas que teñen froitos con carabuña, e o
epíteto específico procede do nome xaponés
Yedo
, que significa“porta da foz”, anterior nome da
cidade deTokyo. O cultívar ‘
Pendula
’ (=
‘ShidareYoshino’
) chámase así polo seu porte chorón.
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: este híbrido non é coñecido na natureza e dise que procede do cruzamento entre
Prunus
subhirtella
e
P. speciosa
, obtido en Xapón en 1902. O cultívar ‘
Pendula
’ foi descuberto tamén no
Xapón en 1916.
Utilidades e curiosidades
: cultívar salientable pola súa forma, semellante a un paraugas, con
flores de cor rosa pálida cando aínda están pechadas e case brancas ao abrir e, de seguido,
froitos de cor que oscila entre vermello e amarelo. Os paporrubios reais (
Pyrhula pyrhula
)
cómenlle as flores. Esta especie pódese observar en plantacións importantes nos arredores de
Tokyo, capital do Xapón. Cómpre destacar os famosos 800 exemplares desta especie plantados
no Potomac Park, enWashington D.C. (Estados Unidos), agasallo do alcalde deTokyo.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano polo seu
porte chorón, e en primavera cando florea e frutifica.
Localización e número de exemplares
: rotonda entre a
ponte dosTirantes e a avenida de BosAires (3); rúa da
Sardiña (2).
Pontevedra_As árbores da cidade
Prunusxyedoensis
Matsum.
‘Pendula’
175
Anxiospermas
a
b
1...,210,211,212,213,214,215,216,217,218,219 221,222,223,224,225,226,227,228,229,230,...320
Powered by FlippingBook