As ARBORES da cidade - page 221

Nomes populares
:
gal
.:milgrandeira;
cast
.: granado.
Etimoloxía
: o xénero, segundo algúns
investigadores, deriva do latín
malum
punicum
,mazaira deCartago, nome co que
se coñecía a esta árbore enRoma e,
segundo outros, de
puniceus
, vermello,
polas súas flores e froitos; o epíteto
específico, do latín
granatum
, con grans, polos
froitos cheos de sementes, fortemente
graúdos.
Familia
: Punicaceae
Orixe
: a especie é nativa do sueste de
Europa eAsia, desde os Balcáns ata o
Himalaia.
Utilidades e curiosidades
: especie
cultivada como froiteira, polo seu froito, a
milgranda, consumida en fresco e da que se
obtén un zume, que é base para obter unha bebida refrescante (a granadina) e un xarope.
Interesante como ornamental polas súas flores alaranxadas (nalgúns cultívares poden ser
dobres, ou de cor vermella, rosa, amarela ou branca) e os citados froitos, avermellados e de bo
tamaño (ata doce centímetros de diámetro).Tamén existen variedades ananas usadas para
formar sebes ou para facer bonsais.A súamadeira é dura e compacta, fibrosa, e é empregada
enmarquetería.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera-comezos do verán, cando se produce a
floración, e durante o verán e o outono, candomedran emaduran as milgrandas.
Localización e númerode exemplares
: praza deBarcelos (1); xardíns deMollavao (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Punicagranatum
L.
176
Anxiospermas
a
b
c
1...,211,212,213,214,215,216,217,218,219,220 222,223,224,225,226,227,228,229,230,231,...320
Powered by FlippingBook