As ARBORES da cidade - page 222

Nomes populares
:
gal
.: pereira de Callery;
cast
.:
peral de Callery.
Etimoloxía
: o nome xenérico procede do latín
pyrus
,
nome clásico para designar as pereiras. O epíteto
específico foi dado na honra domisioneiro francés J.
Callery, que colectou a planta (interesante
personaxe, xa que, por exemplo, entre os seus
traballos destaca a realización dun dicionario chino-
latín).
Familia
: Rosaceae.
Orixe
: Corea e centro e sur de China.
Utilidades e curiosidades
: é unha árbore que só se
usa fóra da súa área de orixe como ornamental e da
que existen nomercado numerosos cultívares. Como
especie ornamental cómpre destacar as flores
brancas que aparecen de xeitomoi abundante e
espectacular antes de aparecer as follas e as cores
outonais que adquiren as follas antes de caer;
predominan os distintos tons amarelos nas plantas
que podemos ver en Pontevedra, aínda que non
chegamos a poder identificar de que cultívar ou
cultívares se trata. Os froitos son pequenos e pouco
vistosos. Na praza entre as rúas Peregrina e Daniel
de la Sota foron enxertadas hai uns anos castes de
peras (
Pyrus communis
) sobre as pereiras de Callery
que están plantadas nesta praza; varias desas pugas
prenderon, aínda que só puidemos ver os froitos do
cultivar ‘
Williams
’.
Momentos demaior interese ornamental
: na
primavera, cando florea, e no outono,
cando cambian de cor as follas.
Localización e número de
exemplares
: rotonda entre a
ponte dosTirantes e a
avenida de BosAires (1);
avenida de Eduardo Blanco
Amor (10); praza de
Valentín García Escudero
(2);
rúa Peregrina - Daniel de
la Sota (12, polomenos
en tres deles perduran os
enxertos con castes de
pereira); praza dos Soutos
(21); praza das Regas (34);
avenida doUruguai-avenida das
Corvaceiras (3).
Pontevedra_As árbores da cidade
Pyrus calleryana
Decne
177
Anxiospermas
a
b
1...,212,213,214,215,216,217,218,219,220,221 223,224,225,226,227,228,229,230,231,232,...320
Powered by FlippingBook