As ARBORES da cidade - page 226

Pontevedra_As árbores da cidade
Quercus rubra
L.
181
Anxiospermas
Sinónimos
:
Quercus borealis
Michx.,
Q. ambigua
Michx. f.,
Q.maxima
(Marsh.)Ashe
Nomes populares
:
gal
.: carballo americano;
cast
.: roble americano, roble rojo americano, roble
deHamburgo.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos carballos; o epíteto específico vén
dunha das numerosas cores (vermello) que adquiren as follas no outono.
Familia
: Fagaceae.
Orixe
: leste deAmérica doNorte, dende Quebec (Canadá) ata Louisiana (Estados Unidos).
Utilidades e curiosidades
:moi usado como especie ornamental, xa que é interesante polo seu
porte e sobre todo cando, no outono, as follas, antes de caer, toman tons amarelos, laranxas,
vermellos, purpúreos,morados…Tamén son de salientar no verán e comezos do outono as
landras, sentadas emoi semellantes á que tenta agachar o esquío protagonista do filme“Ice
Age”.Madeira dura, pesada, de cor vermella clara, usada paramobiliario, tonelaría, construción
e rematado interior de casas.A súa casca é rica en taninos.
Momentos demaior interese ornamental
: especialmente da primavera ao outono, cando ten
follas, pero sobre todo no outono, cando estas cambian de cor.
Localización e número de exemplares
: illa do Covo (Illa das Esculturas) (53); paseo deValle
Inclán (14); alameda doArquitecto Sesmeros (10); parque deRosalía de Castro (10); xardíns dos
edificios administrativos daXunta deGalicia (6);CEIPAXunqueira I (1);Escola Oficial de
Idiomas (2); escola infantil EEI Concepción CrespoRivas (1); río Lérez, praia fluvial (2); avenida
deBosAires (3); IESAXunqueira I (1);CEPA
Xunqueira II (2); IESAXunqueira (9); parque do
Cogomelo (1); paseo urbano do río dos Gafos (8); rúa
Domingo Fontán (11); praza das
Regas (1).
a
c
b
1...,216,217,218,219,220,221,222,223,224,225 227,228,229,230,231,232,233,234,235,236,...320
Powered by FlippingBook