As ARBORES da cidade - page 232

Sinónimos
:
Rhus hirta
(L.) Sudw.
Nomes populares
:
gal.
: sumagre deVirxinia;
cast
.:
zumaque deVirginia, zumaque americano, xumaque
aterciopelado.
Etimoloxía
: o xénero provén do grego
rhous
, nome
dado polos romanos e os gregos ao sumagre (
Rhus
coriaria
), e o epíteto específico foi dado polas
infrutescencias compactas, semellantes ás da
espadana de auga (xénero
Typha
); outra teoría sobre a orixe deste nome específico é que vén do
adxectivo latinizado
typhinus
, derivado do grego
typhos,
vapor, estupor, vocábulo usado dende o
século XVII enmedicina para referirse ao tifo e aplicado a esta especie polas súas presuntas
propiedades febrífugas.
Familia
:Anacardiaceae
Orixe
: zona oriental dos Estados Unidos, sueste do Canadá.
Utilidades e curiosidades
: especie con grande interese ornamental, polo cambio de cor das
follas (de amarela alaranxada a vermella púrpura) antes de caer, combinado coa presenza dos
froitos, de cor vermella púrpura. Os froitos serven para preparar bebidas refrescantes.A casca é
rica en taninos.
Momentos demaior interese ornamental
: aínda que as follas e as inflorescencias tamén
chaman a atención na primavera e no verán, esta planta destaca especialmente no outono, cando
coincide o cambio de cor das follas coa presenza dos froitos.
Localización e número de exemplares
: praza da Ponte Boleira (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Rhus typhina
L.
187
Anxiospermas
a
b
1...,222,223,224,225,226,227,228,229,230,231 233,234,235,236,237,238,239,240,241,242,...320
Powered by FlippingBook