As ARBORES da cidade - page 234

Pontevedra_As árbores da cidade
188
Anxiospermas
Familia
: Leguminosae.
Orixe
: a especie é nativa do centro e leste dos Estados Unidos; o cultívar ‘
Frisia
’ foi descuberto
en 1935 enHolanda.
Utilidades e curiosidades
: a súamadeira é dura (de aí o nome popular de“roblinia”) e
trabállase con facilidade. É usada para facer mangos de ferramentas, valados, postes ou
mobiliario.As flores son comestibles, e con elas facíase un líquido sedante (o que xustifica o
nome castelán de“pan y quesillo”). É unha especie que se comporta como invasora pola súa
fácil reprodución vexetativa por estolóns, polo que hai que ter coidado onde se planta ou
plantala enxertada sobre
Sophora japonica
, especie próxima que non presenta ese problema. O
cultívar ‘
Frisia
’ ten
follaxe de cor dourada.
A robinia de bóla (var.
umbraculifera
), ten
copa densa e
redondeada, rara vez
produce flores e,
curiosamente, as follas
perduran na árbore
case todo o ano
naqueles lugares que
teñen luz artificial pola
noite, como na rúa
Rosalía de Castro, na
avenida Eduardo
Pondal ou a rúa Otero
Pedraio.
Momentos demaior
interese ornamental
:
a especie tipo a
comezos da primavera,
durante a época de
floración; o cultívar
Frisia’
e a variedade
umbraculifera
,mentres
teñen follas, de
primavera a outono.
Localización e
número de
exemplares
: alameda doArquitecto Sesmeros (2); rúa Ribeira dos Peiraos (desembocadura do
río dos Gafos) (4); avenida deMarín (1); IESSánchez Cantón (1); rúaAndrésMellado (9);
paseo urbano do río dos Gafos (v); rúa Ramón Otero Pedraio (1); rúa Doce deNovembro (xunto
ás vías do ferrocarril) (5); río Lérez, praia fluvial (v); avenida doUruguai - avenida das
Corvaceiras (1); rúa Domingo Fontán (30); ‘
Frisia’:
rúa Domingo Fontán (1); var.
umbraculifera
:
parque do Cogomelo (5); parque de Rosalía de Castro (1); rúa Rosalía de Castro (7); rúa
Ramón Otero Pedraio (9); campus universitario da Xunqueira (17); avenida Eduardo Pondal
(6); rúa Doce deNovembro (xunto ás vías do ferrocarril) (3); rúa do Camiño de Ferro (4);
arredores da igrexa de San Xosé (1); centro de especialidadesMollavao (Casa doMar) (1).
c
1...,224,225,226,227,228,229,230,231,232,233 235,236,237,238,239,240,241,242,243,244,...320
Powered by FlippingBook