As ARBORES da cidade - page 235

Pontevedra_As árbores da cidade
Salixalba
L. var.
vitellina
(L.) Ser.
189
Anxiospermas
Sinónimos
:
Salix vitellina
L.;
S. alba
subsp.
vitellina
(L.) Schübl. &G.Martens
Nomes populares
:
gal
.: vimbieira, vimieiro branco;
cast
.:mimbrera blanca, sauce blanco, salce,
salguera, blima.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos salgueiros, tanto ás pólas como á
madeira, e o epíteto específico vén do latín
albus
, branco, referíndose ás tonalidades dalgunhas
partes desta árbore (envés das follas, por exemplo). O epíteto da variedade,
vitellinus
, quere
dicir de cor amarela semellante á da xema de ovo, como as pólas desta planta.
Familia
: Salicaceae.
Orixe
: especie orixinaria de case toda Europa, norte deÁfrica e norte e centro deAsia. Da
variedade
vitellina
en concreto émoi difícil precisar a súa área natural dada a súa facilidade
para reproducirse por vía vexetativa (estacas).
Utilidades e curiosidades
: non é unha planta que se use especificamente como ornamental, aínda
que podería ser utilizada porque émoi característica e vistosa polas súas pólas amareladas ou
alaranxadas e follasmoi brancas polo envés.Neste caso trátase de plantas antigamente cultivadas
para atar viñas, como é tradicional vela nas zonas deGalicia onde se cultiva a viña.Tenmadeira
branda, avermellada, empregada en carpintería, embalaxes, para facermangos de ferramentas,
esculturas, pezas de ortopedia, aros,mistos, palillos, para afiar os coitelos… ou para obter polpa
de papel.As follas desta especie usáronse como substitutivo do té.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, aínda que candomáis locen a súa parte
máis salientable que son as pólas amarelas ou alaranxadas é no inverno, cando perderon as follas.
Localización e número de exemplares
: paseo urbano do río dos Gafos (1).
a
1...,225,226,227,228,229,230,231,232,233,234 236,237,238,239,240,241,242,243,244,245,...320
Powered by FlippingBook