As ARBORES da cidade - page 236

Sinónimos
:
Salix cinerea
subsp.
oleifolia
(Sm.)Macreight
Nomes populares
:
gal
.: salgueiro, salgueiro negro;
cast
.:
sauce común, sauce negro, bardaguera.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos
salgueiros, tanto ás pólas como ámadeira, e o epíteto
específico vén do latín
ater
, negro, escuro, e
cinereus
, cinéreo,
cincento, gris, facendo referencia ao envés das follas.
Familia
: Salicaceae
Orixe
: nativa da Europa atlántica, norte deÁfrica
(Marrocos eTúnez) e da illa de Córcega.
Utilidades e curiosidades
: na zona de estudo non se
plantou esta especie, senón que se integraron en zonas
axardinadas exemplares que había na zona de xeito natural.
É unha das especies arbóreas máis comúns, que se pode
atopar en Galicia desde o nivel domar ata as zonas de
montaña; e vive en zonas húmidas emarxes de ríos.Ten o seu interese como ornamental
especialmente cando florea, entre inverno e comezos da primavera. Pola floración temperá é
unha plantamoi visitada por insectos, sobre todo abellas, de aí que se considere especie
melífera.
Momentos demaior interese ornamental
: omomento da floración, que acontece entre xaneiro
emarzo.
Localización e número de exemplares
: aparcadoiro do recinto feiral (1); IESSánchez Cantón
(1);Escola Oficial de Idiomas (3); centro de formación e recursos de Pontevedra (CFR) (1);
IESAXunqueira I (9); rúa Domingo Fontán (1); illa do Covo (Illa das Esculturas) (v); campus
universitario da Xunqueira(v); paseo urbano do río dos Gafos (v).
Pontevedra_As árbores da cidade
Salixatrocinerea
Brot.
190
Anxiospermas
a
b
1...,226,227,228,229,230,231,232,233,234,235 237,238,239,240,241,242,243,244,245,246,...320
Powered by FlippingBook