As ARBORES da cidade - page 238

Pontevedra_As árbores da cidade
191
Anxiospermas
Utilidades e curiosidades
: esta especie tradicionalmente usousemoito como ornamental polo
efecto decorativo das pólas amarelas ou amarelo-alaranxadas colgantes ata o solo; nos últimos
tempos vesemenos porque é unha plantamoi sensible á
Armillaria
, fungo parasito que, no caso
de Pontevedra, decimou o número de exemplares desta especie que había nos espazos públicos.
Conta unha lenda que estas árbores teñen as pólas péndulas porque a súa sombra choraban os
hebreos cativos na cidade de Babilonia lamentando o seu desterro (Libro dos Salmos) e o Señor
quixo deixar na planta este sinal como lembranza deste feito.Ao parecer gran parte do que se
consideran na actualidade salgueiros choróns en parques e
xardíns son en realidade un híbrido entre
S. alba
var.
vitellina
(L.) Ser. e
S. babylonica
, de póliñas de cor
amarelenta ou alaranxada, que se coñece baixo o
nome de
Salix x chrysocoma
Dode.
Momentos demaior interese ornamental
:
practicamente todo o ano polo porte chorón e
a cor amarela, alaranxada ou dourada das
pólas, aínda que destacariamos o comezo da
primavera cando florea e ten as follas novas.
Localización e número de exemplares
:
praza das Regas (1); barrio da Seca (1);
paseo deValle Inclán (1); ‘
Aurea
’: parque de
Rosalía de Castro (2); illa do Covo (Illa das
Esculturas) (3); IESAXunqueira II (12);
campus universitario (xunto os
campos de fútbol) (2); estación de
autobuses (1); xardín entre a avenida
deAugusto García Sánchez e o
parque da Constitución (3); avenida
de BosAires (2); centro de formación
e recursos de Pontevedra (CFR) (1);
IESAXunqueira I (1); IESA
Xunqueira (6).
b
c
d
1...,228,229,230,231,232,233,234,235,236,237 239,240,241,242,243,244,245,246,247,248,...320
Powered by FlippingBook