As ARBORES da cidade - page 242

Pontevedra_As árbores da cidade
Salixx sepulcralis
Simonk
195
Anxiospermas
Sinónimos
:
Salix salamonii
Carr.,
S. alba
L. ‘
Tristis’ x Salix babylonica
L.
Nomes populares
:
gal
.: salgueiro chorón;
cast
.: sauce chorón, sauce de sepulcros.
Etimoloxía
: o xénero é o nome dado polos romanos aos salgueiros, tanto ás pólas como á
madeira. O epíteto específico provén do latín
sepulcralis
, sepulcral, porque ás veces esta árbore
empregouse como especie funeraria.
Familia
: Salicaceae.
Orixe
: híbrido de
Salix alba
Tristis
’ e
Salix babylonica
. Segundo unha teoría foi atopado nas
propiedades do Barón de Salamon enManosque (Alpes daAlta Provenza) en 1869 (de aí un dos
sinónimos,
S. salamonii)
; outra teoría sobre a súa orixe di que a primeira vez que se observou
este híbrido foi nalgúns lugares deAsia central,Transcaucasia,Turquía asiática e Palestina.
Utilidades e curiosidades
: especiemenos vistosa emáis vigorosa que
S. babylonica
, sobre todo
porque as pólas sonmenos péndulas; ten follas aveludadas polas dúas caras e as póliñas novas
son de cor amarela,máis oumenos dourada.Ao igual que
S. babylonica
e
S.matsudana
‘Tortuosa’
, nos últimos tempos vesemenos porque é unha planta sensible á
Armillaria
, fungo
parasito que, no caso de Pontevedra, decimou o número de exemplares destas especies que
había nos espazos públicos.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano polo seu porte, pero destacaríamos o
comezo da primavera cando florea e ten as follas novas.
Localización e número de exemplares
: parque de Rosalía de Castro (8); paseo deValle Inclán
(5); escola infantil EEI Concepción Crespo Rivas (1); CEIPAXunqueira I (3);Escola Oficial de
Idiomas (2); IESAXunqueira I (3); CEPAXunqueira II (3); IESAXunqueira (2); centro de
especialidadesMollavao (Casa doMar) (1); praza de Pasarón (1); campus universitario da
Xunqueira (arredores de Forestais) (3).
a
1...,232,233,234,235,236,237,238,239,240,241 243,244,245,246,247,248,249,250,251,252,...320
Powered by FlippingBook