As ARBORES da cidade - page 252

Sinónimos
:
Tilia glabra
Vent.,
T. nigra
Borkh.
Nomes populares
:
gal
.: tileiro americano;
cast
.: tilo
americano.
Etimoloxía
:
o nome do xénero é o nome romano
dado aos tileiros, e o epíteto específico refírese ao
continente de procedencia; o cultívar ‘
Redmond
’ ten
a súa orixe nesta localidade de Oregón (Estados
Unidos).
Familia
:Tiliaceae.
Orixe
: a especie é espontánea no leste do Canadá e dos
Estados Unidos. O cultívar
‘Redmond’
foi descuberto arredor
de 1920 nesa localidade estadounidense e distribuído polos
viveiros Plumfield de Fremont,Nebraska, Estados Unidos.
Utilidades e curiosidades
: especie interesante como ornamental pola súa copa redondeada,
follas sen pelos na face e con grupos de pelos só na base dos nervios do envés, e flores
amarelentas, fortemente arrecendentes.A infusión destas flores (a tila) é sedante e
comercialízase con este fin. Incluso se di que descansar debaixo destas árbores durante a época
de floración tamén ten un efecto sedante. É boa plantamelífera.Madeira de cor marrón clara,
doada de traballar, elástica, usada para facer embalaxes, chapas demobles, fiestras e para pasta
de papel.As febras da súa casca empréganse en cordelaría. O cultívar ‘
Redmond
’ ten portemáis
cónico e denso que a especie tipo.
Momentos demaior interese ornamental
: da primavera ao outonomentres ten follas, pero,
sobre todo, cando florea, a finais de primavera e comezos de verán, e no outono, cando van caer
as follas, que se volven dunha bela cor amarela uniforme.
Localización e número de exemplares
: avenida deMarín (19); praza deValentín García
Escudero (1); CEIPAXunqueira I (1); illa do Covo (illas das Esculturas) (7); ‘
Redmond
’:
travesía de Luís Braille (6).
Pontevedra_As árbores da cidade
Tiliaamericana
L.
205
Anxiospermas
a
b
1...,242,243,244,245,246,247,248,249,250,251 253,254,255,256,257,258,259,260,261,262,...320
Powered by FlippingBook