As ARBORES da cidade - page 263

Sinónimos
:
Pritchardia
filamentosa
Wendl.
Nomes populares
:
gal
.: palmeira
de abano californiana,
washingtonia;
cast
.: palmera de
abanico californiana,
washingtonia.
Etimoloxía
: o nome do xénero é
unha homenaxe ao primeiro
presidente dos Estados Unidos,
GeorgeWashington. O epíteto
específico vén do latín
filifer
, que
leva filamentos ou fíos, porque
presenta esta característica.
Familia
: Palmaceae
Orixe
:México e Estados Unidos (California eArizona).
Utilidades e curiosidades
: grande interese ornamental polas súas follas que semellan grandes
abanos, polo seu tronco forte e recto e a súa salientable floración en verán, aínda que amaioría
dos exemplares censados en Pontevedra aínda non florearon; como curiosidade, émáis baixa,
robusta e de crecementomáis lento que a especie seguinte, a pesar que o epíteto específico
desta (
W. robusta
) indica o contrario. Esta especie pode chegar a ser difícil de diferenciar de
W.
robusta
, xa que se hibridan na súa área natural.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, pero especialmente cando florea no
verán.
Localización e número de exemplares
: praza daVeiga da Eira (5);Xeneral GutiérrezMellado
(18); rúa Cruz Gallástegui (1); rúa Castelao (1); rúa Sagasta (12); rúa Frei Xoán deNavarrete
(2); rúa Joaquín Costa (1); avenida deVigo (27); rúa San Pedro deAlcántara (2); rúaAndrés
Mellado (4); praza dos Soutos (1); avenida Eduardo Pondal (2); imprenta da Deputación
Provincial (1 trifurcado); rúa de Enrique Labarta (5); praza de Pasarón (2).
Pontevedra_As árbores da cidade
Washingtonia filifera
(Lindl. exAndré)Wendl.
214
Anxiospermas
a
b
1...,253,254,255,256,257,258,259,260,261,262 264,265,266,267,268,269,270,271,272,273,...320
Powered by FlippingBook