As ARBORES da cidade - page 36

Pontevedra_As árbores da cidade
Ginkgobiloba
L.
18
Nomes populares
:
gal
.: xinkgo;
cast
.: ginkgo, árbol de los 40 escudos.
Etimoloxía
: o nome do xénero deriva dunha terxiversación do nome xaponés desta árbore:
gin
(prata)
e kyo
(pexegueiro). E o epíteto específico vén do latín
biloba
, dous lóbulos, pola forma
das súas follas.
Familia
: Ginkgoaceae
Orixe
: China e Xapón.
Utilidades e curiosidades
: é a única especie deste xénero e trátase dun fósil vivente
(encontrouse en xacementos pérmicos de hai 210millóns de anos) que foi conservado nos
mosteiros da China emais do Xapón.A súamadeira é de boa calidade e úsase en ebanistería.
Por outra parte, as súas sementes son comestibles, consúmense no Xapón crúas ou torradas, e
teñen un sabor semellante ao das castañas; tamén se comen cocidas en China e no Xapón,
adquirindo sabor a peixe. Como ornamentais son preferibles os pés masculinos, debido ao cheiro
tan desagradable do froito (botanicamente denominado
arilo)
que rodea as sementes, producido
polos pés femininos. O nome chinés é
ginkyo
, que quere dicir“árbore de froito prateado”.
O nome de“árbol de los 40 escudos”vén do prezo que un parisiense pagou a un horticultor
inglés por cada un dos cinco xinkgos que llemercou.
Momentos demaior interese ornamental
: da primavera ao outono, cando ten follas, aínda que
paga a pena destacar a
coloración amarela das follas no
outono.
Localización e número de
exemplares
: parque da
Constitución (2); aparcadoiro do
recinto feiral (1); praza de
Valentín García Escudero (5);
avenida Eduardo Pondal (6);
rúa IglesiasVilarelle (2);
imprenta da Deputación
Provincial (5); praza das Regas
(3); xardín entreAlcaldeHevia
e a igrexa de San Xosé (1).
Ximnospermas
a
b
1...,26,27,28,29,30,31,32,33,34,35 37,38,39,40,41,42,43,44,45,46,...320
Powered by FlippingBook