As ARBORES da cidade - page 5

Osnososgrandesaliados
As árbores son as nosas grandes aliadas para unha vida sana e unmedio ambiente urbanomáis
saudábel.Unmundo sen árbores sería imposíbel, por eso temos que tratalos co cariño que
merece todo ser vivo que desenvolve os seus días entre nós.
Pontevedra é un grande berce de pedra no que se combinan arquitecturas, engaiolantes lugares,
estupendas paisaxes urbanas e unha espléndida colección de árbores e arbustos que engalanan os
nosos parques e xardíns, prazas e rúas.
Árbores que nos axudan a vivir e tamén a percibirmáis rica e agradábel a nosa cidade, tal e
como recolle este pormenorizado guieiro das principais especies arbóreas daBoaVila.
Nestes últimos anos, oConcello fixo das árbores os grandes aliados da reforma urbana.Todas as
rúas que o permitían revitalizáronse con especies variadas, que pasaron a ser a principal
compañía para os viandantes.Todas e todos, sen sabermoi ben por qué, sentímonosmellor cando
as árbores forman parte das nosas vidas, adornan o espazo público e danmáis valor á cidade.
E fóra do centro urbano, no entorno da capital, decidimos impulsar o planMonteVivo, que
supuxo na súa primeira fase prantar en torno aomediomillón de exemplares autóctonos nos
nososmontes, árbores que comparten atmósfera cosmilleiros de especies que viven en espazos
naturais tan sobranceiros como as sendas doLérez, oGafos, oAlmofrei ou oRons, as Xunqueiras
deAlba e doCovo, ou o parque forestal doPontillón doCastro, ademáis dos engaiolantes cumios
daFracha, oAcibal,SanCibrán,Canicouva, ou tantos outrosmontes que vixían os vales e a ría.
Quero agradecer o seu espléndido traballo aos autores do libro, e a todos cantos traballadores e
profesionais coidan cada día do noso patrimonio natural. Co seu cariño e dedicación, notamos
cada día que aPontevedra verde é unha realidade vívida e patente.
MiguelAnxoFernández Lores
Alcalde dePontevedra
1,2,3,4 6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,...320
Powered by FlippingBook