Pontevedra_As árbores da cidade
31
Nomes populares
:
gal
.: tuia;
cast
.: tuya,
tuya occidental, árbol de la vida americano.
Etimoloxía
: o nome do xénero crese que
deriva do grego
thyón
ou
thya
, árbore
produtora de incenso, xa que a súamadeira
e resina eran queimadas como incenso nas
cerimonias relixiosas. O epíteto específico
refírese á súa procedencia do chamado
“mundo occidental”. O cultívar ‘
Pyramidalis
Compacta
’
(b)
ten unha forma que fai
honra a estas dúas palabras.
Familia
: Cupressaceae
Orixe
: a especie é nativa do leste do
Canadá e dos Estados Unidos. O cultívar
‘Pyramidalis Compacta
foi descrito por L.
Beissner en 1904.
Utilidades e curiosidades
: especie bastante
usada como ornamental, sobre todo para
formación de sebes, peromenos que
Thuja
plicata
. Coñécense numerosos cultívares,
como este que presentamos, un dos máis
comúns.Amadeira, amarelenta, branda e
lixeira pero duradeira e resistente, utilízase
en construción naval e hidráulica na área de
orixe e tamén para a extracción do
chamado
aceite de cedro
, usado con fins
medicinais.
Momentos demaior interese ornamental
:
todo o ano.
Localización e número de exemplares
: rúa
Casimiro Gómez (1); avenida deVigo
(antiga Delegación de Sanidade) (3); IES
AXunqueira I (6, unha delas con póliñas de
cor crema pola face só); ‘
Pyramidalis
Compacta’
: avenida deAugusto García
Sánchez (1), entre esta avenida e o parque
da Constitución (1); cemiterio de San
Amaro (2);Pazo da Cultura (entrada) (4);
Domingo Fontán (parque demaquinaria da
Deputación Provincial de Pontevedra) (2).
Thujaoccidentalis
L.
b
Ximnospermas