As ARBORES da cidade - page 57

Pontevedra_As árbores da cidade
33
Ximnospermas
Orixe
: a especie é nativa do oeste deAmérica doNorte, desdeAlaska ata California. O cultívar
‘Zebrina’
foi descrito por primeira vez no ano 1868 (como
Thuja lobbii aurea
Sénécl.)
Utilidades e curiosidades
: especie de interese forestal e ornamental,moi variable, de aí que se
describiran bastantes variedades e cultívares, enmoitos casos usadas para formar sebes, como o
cultívar ‘
Zebrina
’. Plantamoi lonxeva, pero quemedra rápido nos primeiros anos.A súamadeira
trabállase con facilidade e resiste ben a exposición á intemperie. Úsase na súa área de orixe
para fabricar postes e travesas de ferrocarril. Os indios usaban estamadeira para fabricar as
súas canoas e tótems.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: cemiterio de SanAmaro (87); rúa IglesiasVilarelle
(49); arredores da igrexa de San Xosé (4);AntonioTaboadaNieto (7); avenida de BosAires
(antigaTafisa) (3); xardín entre a avenida de BosAires e as rúas Serra eAlfredo García
Hermida (2); ‘
Zebrina
’: exterior do CEIPCampolongo (22);Escola Infantil Campolongo (15);
rúaAlmirantesMatos (baixo a ponte da Barca) (1); xardíns entre as rúasAlcaldeHevia e
IglesiasVilarelle (1); campus universitario da Xunqueira (arredores de Ciencias Sociais) (1);
Alameda doArquitecto Sesmeros (1).
c
1...,47,48,49,50,51,52,53,54,55,56 58,59,60,61,62,63,64,65,66,67,...320
Powered by FlippingBook