As ARBORES da cidade - page 7

Asárbores,partedenós
Coidar os parques e xardíns dePontevedra non consiste só enmanter os seus seres vivos con
saúde e bo aspecto... tamén queremos tratalos como parte da nosa cultura, como unha familia cos
seusmembros espallados pola cidade e que necesitan darse a coñecer, ser admirados e amados
por todas e todos.
Foi por iso que nos prantexamos editar esta fermosa e tan ben documentada guía das principais
especies que acougan parques, prazas e rúas.Desde a concellería deMedioAmbienteUrbano
queremos divulgar o coñecemento sobre a natureza enmoitas dimensións, tarefa na que nos
propuxemos difundir a arte da xardinería, a través da exposición de xardíns efémeros; embelecer
os balcóns da cidade co reparto de prantas emesmo axudar a percibir o engado dos pequenos
espazos urbanos como rotondas e parterres que embelecen a cidade e incrementan a súa
salubridade.
Aprezar a natureza urbana consiste tamén enmantela en óptimas condicións de vida, polo que
estamos apostando forte namisión de coidar as nosas árbores para velas e disfrutalas en todo o
seu esplendor, tratándoas emimándoas para que se entreguen a unha existencia saudábel entre
nós.
Neste guieiro, os autores realizan un pormenorizado percorrido pola cidade, identificando as
pezasmáis senlleiras de cada especie, para que todas e todos teñamos áman toda esa canle de
datos científicos, xeográficos e curiosos que nos permitan realizar itinerarios culturais e
documentados para coñecermellor as características do noso patrimonio natural.
Un libro ao que se dedicoumoito esforzo e que estamos seguros de que será un gran éxito para
toda a cidadanía.
RaimundoGonzálezCarballo
Concelleiro deMedioAmbienteUrbano
1,2,3,4,5,6 8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,...320
Powered by FlippingBook