As ARBORES da cidade - page 75

Sinónimos
:
Acer dasycarpum
Ehrh.,
A. sylvestre
Young,
A.
glaucum
Marshall,
A. floridum
Loudon
Nomes populares
:
gal
.:
pradairo prateado;
cast
.: arce
plateado, arce deVirginia.
Etimoloxía
: o nome do xénero
procede do latín
acer
, duro, pola
natureza damadeira e era o
dado polos romanos, xa que o
usaban para fabricar puntas de
lanza. O epíteto específico deriva
do latín
saccharum
, azucre, en
referencia ao zume azucrado que
se obtén desta especie.
Familia
:Aceraceae
Orixe
:
nativa do leste deNorteamérica.
Utilidades e curiosidades
: árbore que destaca como ornamental pola cor prateada e ausencia
de pelos do envés das follas e, no outono, polas cores que adquiren as follas antes de caer:
amarelas, alaranxadas, vermellas...A súamadeira, dura e doada de traballar, úsase na
fabricación demobles e tarimas.A pesar do seu nome específico, esta especie non é o
verdadeiro pradairo do azucre (
Acer saccharum
) do que unha folla aparece na bandeira do
Canadá e do que o seu zume azucrado da lugar ao xarope de pradairo.
Momentos demaior interese ornamental
: cando ten follas, de primavera ao outono, pero,
sobre todo, cando estas toman as citadas tonalidades outonais.
Localización e númerode exemplares
: xardín entre aAvenida deCompostela e a rúaCelsoEmilio
Ferreiro (5); parque deRosalía deCastro-aparcadoiro do recinto feiral (4);Pazo daCultura
(aparcadoiro inferior) (2); praza das Regas (2); praza deConcepciónArenal (2); IESAXunqueira
I (1); IESAXunqueira (1); rúaDomingoFontán (30); IESAXunqueira II (patio interior) (1)
Pontevedra_As árbores da cidade
Acer saccharinum
L.
45
Anxiospermas
c
a
b
1...,65,66,67,68,69,70,71,72,73,74 76,77,78,79,80,81,82,83,84,85,...320
Powered by FlippingBook