As ARBORES da cidade - page 82

Pontevedra_As árbores da cidade
Arbutusunedo
L.
51
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: érbedo, ervilleiro, albedro,
alvedro,morodeiro;
cast
.:madroño,madroñero.
Etimoloxía
: o xénero deriva do latín
arbutus
, nome
romano desta árbore. O epíteto específico vén do
latín
unus
, un, e
edo
, comer, por considerar que
comer máis dun froito embebeda.
Familia
: Ericaceae.
Orixe
: nativa da rexiónmediterránea, suroeste
de Irlanda eAsiaMenor.
Utilidades e curiosidades
: bonita arboriña ou
arbusto como ornamental, sexa pola brillante
follaxe, as flores brancas ou os froitos,
alaranxado avermellados aomaduraren o
segundo ano de formarse. Os froitos maduros
(a)
consumidos en fresco producen unha sensación de
mareo ou de hilaridade semellante a unha suave
borracheira, por iso recordamos omencionado na
etimoloxía,
unedo
(“comer só un”); por outra banda,
úsanse para elaborar licores ou vinagre, para aromatizar
augardente ou anís, e para a elaboración demarmeladas.A casca e
as follas son astrinxentes e úsanse para combater diarreas, e por teren taninos empregáronse
para curtir peles.Madeira dura e pesada, doada de traballar, usada en ebanistería e tornería e
como combustible.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, aínda que cómpre destacar a floración
en primavera e cando os froitos maduran en outono-inverno ao segundo ano na árbore.
Localización e número de exemplares
: xardíns do Dr. EnriqueMarescot (1); parque do
Cogomelo (1); xardíns entre a rúa IglesiasVilarelle e o paseo deValle Inclán (2);Villa Pilar
(1); campus universitario da Xunqueira (arredores de Forestais) (2); IESAXunqueira II (patio
interior) (1); avenida de Fernández Ladreda (1).
a
b
1...,72,73,74,75,76,77,78,79,80,81 83,84,85,86,87,88,89,90,91,92,...320
Powered by FlippingBook