As ARBORES da cidade - page 84

Pontevedra_As árbores da cidade
Betulapapyrifera
Marsh.
53
Anxiospermas
Sinónimos
:
Betula papyracea
Ait.;
B. latifolia
Tausch
Nomes populares
:
gal
.: bidueiro do papiro;
cast
.: abedul
del papel, abedul de las canoas, abedul papirífero.
Etimoloxía
: unhas fontes din que o xénero vén do
nome dado polos romanos a esta árbore e ao chopo
branco. Outras teorías sinalan que procede do celta
betu
, ou do verbo latino
batuo,
castigar, ao ser usadas
antigamente as pólas por maxistrados e ensinantes para
azoutar delincuentes e nenos rebeldes (de aí o dito de que
“a letra con sangue entra”, polo que o bidueiro fora
denominado ironicamente por algún como“a árbore da
sabedoría”). O epíteto específico provén do latín
papyriferus
, en
relación a que serve para obter papel.
Familia
: Betulaceae.
Orixe
:Norteamérica septentrional, dende Labrador ata Pensilvania.
Utilidades e curiosidades
: vistosa especie para uso ornamental pola casca que se desprende en
grandes láminas delgadas, semellantes a pregos de papiro
(b)
. É o bidueiro americano que
ocupa unhamaior extensión de xeito natural.Madeira dura, de cor algomarrón con tons
vermellos; emprégase en tornería, para a fabricación de pequenos utensilios: formas de zapato,
culleres,..., para obtención de pasta de papel e como combustible. Do zume azucrado obtense na
zona de orixe unha bebida alcohólica. Casca duradeira, resinosa, impermeable á auga, polo que
era empregada polos indios na construción de canoas; obtense dela unha fariña comestible.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, grazas sobre todo á vistosa casca.
Localización e número de exemplares
: xardín entre a avenida de Compostela e a rúa Celso
Emilio Ferreiro (3); praza de Barcelos (10); campus universitario da Xunqueira (arredores de
Fisioterapia e Ciencias da Educación) (2).
a
b
1...,74,75,76,77,78,79,80,81,82,83 85,86,87,88,89,90,91,92,93,94,...320
Powered by FlippingBook