As ARBORES da cidade - page 9

AsárboresdacidadedePontevedra
INTRODUCIÓN
A cidade de Pontevedra sempre posuíu unha destacada flora ornamental, especialmente
centrada nos xardíns históricos da cidade, como a alameda ou os xardíns deVincenti (parque das
palmeiras), nos máis recentes como os de Campolongo ou, xa fóra do núcleo urbano, noutros
lugares do concello como o antigo predio deMontero Ríos, hoxe propiedade da Deputación
Provincial e que alberga o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIFL), dependente da
Xunta de Galicia. Esa riqueza botánica do concello fixo que algunhas árbores estean incluídas no
Catálogo de árbores senlleiras de Galicia, como acontece co cedro do Líbano (
Cedrus libani
) e a
Metasequoia glyptostroboides
do citado CIFL e, no núcleo urbano, o carballo (
Quercus robur
) de
SantaMargarida ou os cedros doHimalaia (
Cedrus deodara
), dos xardíns deVincenti (parque
das palmeiras), (estes últimos incluídos neste catálogo como“formacións senlleiras”). Esta
variedade arbórea da cidade foi plasmada, parcialmente, nunha publicación de hai hoxe 20 anos
(1990), elaborada por tres profesores do entón instituto de bacharelatoValle Inclán (María del
Carmen PortaVila,AntonioÁlvarez Corbacho eMaría JosefaMolina Poch).A diversidade
arbórea e arbustiva do concello foi medrando nos sucesivos anos e sempre foi a nosa intención
elaborar unha publicación que actualizase a citada anteriormente e que puidese achegar esta
diversidade vexetal ao público en xeral. Con este fin fomos compilando datos desde os anos 90
coa idea de que nalgúnmomento ese traballo chegase a ver a luz, cunha visión orientada a todos
os públicos desa flora ornamental que se ve día a díamedrar, padecer as inclemencias
meteorolóxicas as afeccións fitopatolóxicas ou as nosas decisións e, nalgúns casos,morrer.
Despois deses outros 20 anos de actualización de datos, estemodesto traballo sae do prelo coa
intención de que sexa de utilidade para ti, lector. Esperamos que así sexa.
METODOLOXÍA
Este traballo recolle as plantas con porte arbóreo que se encontran na actualidade en espazos de
acceso público situados no núcleo urbano deste concello.Neste senso inclúense, por exemplo,
aquelas plantas que se encontran en colexios públicos pero non aquelas outras que, aínda que se ven
desde o exterior, están en propiedades privadas, como poden ser as que se encontran no interior dos
chamados
pavillónsmilitares
situados entre as rúas Fernández Ladreda,Xeneral Rubín eRosalía de
Castro, da residencia de anciáns (asilo) ou en colexios privados como oSagradoCorazón.As plantas
observadas preséntanse nunha ficha e inclúese, entre outros datos, a localización (rúa, praza…) e o
número de exemplares (véxase o seguinte apartado).
Aínda que normalmente considéranse árbore as plantas leñosas cunha altura superior aos 5metros
(hai autores que falan de 8metros), neste caso incluímos tamén aqueles arbustos demenor tamaño
que teñen xa un porte de arboriña aínda que non acaden esta altura; doutra forma quedarían fóra
desta relación numerosas especies que nestemomento habería que considerar arbustos pero que, en
pouco tempo, poden ser ou serán árbores.Ademais, hai que ter en conta que certas especies
segundo a idade, o hábitat e os coidados aos que se ven sometidas poden ter aspecto arbóreo ou
arbustivo indistintamente. Con base nestas consideracións, neste traballo incluímos (aínda que
sabemos que non é excesivamente ortodoxo) todas aquelas plantas que, nomomento de recollida de
datos, teñen forma de arboriña ou árbore e acadan ou superan os 2metros de alto, sexan ou non
leñosas.As plantas que non cumpren este criterio (entre as que se encontran aqueles arbustos que
poderían ter forma de arboriña pero son reiteradamente podados de xeito que se lle impide chegar
a un tamaño que podería recordar a unha pequena árbore) son taménmoi numerosas e a súa
inclusión faría inmanexable este libro polo que necesitarían ser tratadas noutro traballo.
1,2,3,4,5,6,7,8 10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,...320
Powered by FlippingBook