As ARBORES da cidade - page 95

Pontevedra_As árbores da cidade
Callistemon citrinus
(Curtis) Skeels
64
Anxiospermas
Sinónimos
:
Callistemon semperflorens
Lodd.,
Metrosideros citrina
Curtis,
M. semperflorens
Lodd.
Nomes populares
:
gal
.: limpatubos;
cast
.: escobillón rojo, limpiatubos carmesí, limpiatubos
limón.
Etimoloxía
: o nome xenérico deriva do grego
kállos
, beleza, e
stémon
, estame, pola beleza das
flores. O epíteto específico procede do latín
citrinus
, do limón, porque as follas arrecenden a
limón.
Familia
:Myrtaceae.
Orixe
:Australia: sueste de Queensland,Victoria eNova Gales do Sur.
Utilidades e curiosidades
: nesta especie (amáis cultivada do xénero) destacan dende o punto
de vista ornamental o porte ergueito da planta, as follas son anchas ademais de longas, unha
inflorescencia en forma de espiga cilíndrica composta por numerosas flores, cada unha delas coa
presenza de estames moi longos, de cor vermella (poden ser rosados ou, rara vez, brancos), que
fan que a inflorescencia se asemelle a un limpatubos, e os pequenos froitos, cápsulas leñosas que
persisten durante longo tempo sobre a planta pegados ás pólas a xeito demanguito, incluso
despois de que amedra da póla continúe.
Momentos demaior interese ornamental
:
durante todo o ano polas follas e os froitos (estes
permanecen na planta), pero sobre todo cando florea, en primavera e
comezos do verán.
Localización e número de exemplares
: asilo de Pontevedra
(residencia de anciánsVirgen del Camino) (1); praza de
Barcelos (2); barrio da Seca (8); rúa Doce deNovembro
(1); rotonda da ponte dosTirantes (fronte aoAuditorio)
(1); CEPAXunqueira II (1);Domingo Fontán
(parque demaquinaria da Deputación Provincial de
Pontevedra) (2); paseo urbano do río dos Gafos (1);
praza da Constitución (1); praza de Pasarón (1);
xardín entre a rúa Joaquín González e a avenida de
Compostela (1); xardíns deMollavao (1)
a
b
1...,85,86,87,88,89,90,91,92,93,94 96,97,98,99,100,101,102,103,104,105,...320
Powered by FlippingBook