As ARBORES da cidade - page 99

Pontevedra_As árbores da cidade
Camellia japonica
L.
68
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: camelia, cameleira;
cast
.: camelia, camelia común.
Etimoloxía
: o nome do xénero foi dado na honra do botánico Georg Josel Kamel (1661-1706),
farmacéutico xesuíta, nado en Brno,Moravia e que dende 1688 foi misioneiro en Luzón
(Filipinas), o que lle permitiu estudar a flora e a fauna desta área, traballos que lles remitiu aos
seus colegas ingleses Ray e Petives, que, en diversas publicacións, latinizaron o apelido Kamel
como
Camellus,
que Linneo (L.) transformou en
Camellia
ao bautizar este xénero; o epíteto
específico refírese a un dos seus lugares de procedencia, Xapón.
Familia
:Theaceae
Orixe
: a especie é nativa de Corea e Xapón.
Utilidades e curiosidades
: a camelia, nas súas diversas especies (entre as que destaca
Camellia
japonica
), variedades e híbridos, é unha das plantas máis populares da Galicia litoral.
Celébranse festas e concursos para honrar a súa flor; o quemaior sona ten é o Concurso-
Exposición Internacional da Camelia, que se celebra de xeito rotatorio entre Pontevedra,Vigo e
Vilagarcía.A flor de
Camellia japonica
presenta unha gran diversidade de cores (de branco a
morado) e de formas. Das numerosas variedades ou cultívares que se poden apreciar só no
núcleo urbano de Pontevedra algunhas son doadamente identificables (‘
Oranda-Ko
’, ‘
Bella
Romana’
, ‘
Alba Plena
’,
’FimbriataAlba
(a)
...),mentres noutras é difícil ou directamente
imposible facelo: ante esta casuística, preferimos non entrar nesta publicación na complicada
variabilidade desta especie, recomendando neste sentido o estudo de SALINERO etVELA
(2004) citado na bibliografía, que trata sobre as camelias da colección da Deputación de
Pontevedra, entre as que se citan aquelas que se atopan nos xardíns da sede deste organismo
público. Das súas sementes obtense un aceite de gran calidade, tanto para usos alimentarios
como cosméticos (por exemplo, para tinguir os cabelos), do que se están a facer as primeiras
probas de obtención na Estación Fitopatolóxica doAreeiro, organismo dependente da
Deputación de Pontevedra.Tamén é planta con gran resultado para a formación de sebes,
existindo variedades específicas para este uso.
a
1...,89,90,91,92,93,94,95,96,97,98 100,101,102,103,104,105,106,107,108,109,...320
Powered by FlippingBook