As AVES da cidade - page 11

Entre xaneiro enovembrode2008, edurante osmeses demaio e xuñode
2010, foronprospectadas14cuadrículasUTMde1x1kmcorrespondentes
ao casco urbano de Pontevedra e contorno inmediato (Figuras 1-2), coa
finalidade de estudar as aves alí presentes e caracterizar os hábitats
empregados por elas.
Asvisitas foron realizadasao longode todososmesesnoperíodo indicado,
con especial intensidade enmaio e xuño (evidencias de cría das distintas
especies, itinerarios para estudar a comunidade de aves reprodutoras e
censo da colonia de gaivota patiamarela
Larus michahellis
na cidade) e
outubro e novembro (itinerarios para as aves non reprodutoras e contaxes
de durmidoiros).
Para o presente traballo considerouse a época de cría precisamente os
meses de maio e xuño, se ben para algunhas especies de reprodución
temperá (como a pega
Pica pica
) ou tardía (folosa amarela
Hippolais
polyglotta
) ampliose, de ser o caso, a recollidadedatos entreo1deabril e
o 31de xullo, inclusive.Anotouse para cada especie se“pode nidificar”ou
“non nidifica” na área de estudo, segundo presentara indicios ou non de
reprodución. Seguindo a Martí & Del Moral (2003) estes indicios
clasificáronse, á súa vez, clasificáronse en tres categorías ou graos (entre
paréntese, abreviaturas utilizadas):
Críaposible
(p):especiedetectadanaépocaehábitatdecríaapropiados (V).
Críaprobable
(P):machosconcantos territoriais (MC); aveouparellacon
territorio establecido (pelexas entre machos, persecucións, acosos a
outras especies) (T); cortexo, parada nupcial, comportamento de
disuasión ante predadores (CP); construcióndo niño, aporte dematerial,
entrada en buracos (CN).
Críasegura
(C):comportamentodedistraciónoudefinxir feridapor parte
dos adultos (CD); niño usado no ano, ou cascas de ovo que poidan
asignarse a unha especie (NU); xoves recén saídos do niño (rabicurtos,
boqueiras, penuxe,...) (X); adultos con bicada ou saco fecal no bico (AB);
niño ocupado, coa ave chocando, con ovos e/ou polos (N).
Os itinerarios a pé ou transectos finlandeses (Figuras 3-4), de lonxitude
coñecida e cun ancho de banda de 25m a cada lado da liña de avance do
observador, foron realizados en diferentes meses dos anos 2008 e 2010
en áreas representativas dos hábitats da cidade. Estes itinerarios tiveron
como obxectivo calcular índices de abundancia (IKAs, expresadas en
aves/km) eabundancias absolutas (expresadas enaves/10ha) quepoidan
servir para identificar cambios no número de aves ao longo do tempo,
seguindo o método exposto en Tellería (1986). Distribuíronse da seguinte
maneira:
Maio de 2008 (época reprodutora) (Figura 4):
Cultivos, aldea
Parque urbano (arborado, tanto de caducifolias como de coníferas)
Ripisilva (con
Salix atrocinerea
,
Alnus glutinosa
e
Salix viminalis
)
Outubro de 2008 (época non reprodutora) (Figura 3):
Aldea con parches de ripisilva
Ripisilva (moi urbanizada)
Ripisilva (pouco urbanizada)
Zona urbana
Maio e xuño de 2010 (época reprodutora) (Figura 5):
Aldea
Áreas degradadas (polígonos industriais, obras, viais, ruínas, industrias)
Beira fluvial desarboradas
Canaval
Casas dispersas
Eucaliptal
Litoral
Mosaico rural
Parque urbano
Río
Ripisilva
Para completar a información obtida durante as mostraxes de campo,
revisáronse diversas publicacións impresas, como os diferentes anuarios
das aves de Galicia (Munilla & Guitián, 1994; Salaverri &Munilla, 1995;
Salvadores Ramos &Vidal Rodríguez, 1996; De Souza
et al.
, 1998; Barros
&Galán, 2000; Vidal &Salvadores, 2000; Salvadores&Vidal, 2002; Vidal &
Salaverri, 2003; Romay Cousido, 2004; Conde Teira & Lijó Pose, 2006;
Salaverri Leiras & Taboada Martínez, 2007; Epifanio Lemos & Vidal
Rodríguez,2008;MartínezMariño,2010) ediferentesnoticiariosen internet
(Sociedade Galega de Historia Natural, 2009; Sociedade Galega de
Ornitoloxía, 2010). Ademais, realizáronse consultas a numerosos
observadores con rexistros de aves na zona de Pontevedra.
En todas as visitas foron empregados prismáticos de8x42 e10x50, ideais
para avistar aves, obténdose fotografías con axuda dunha cámara
fotográfica dixital. Empregouse ademais un telescopio terrestre 20-60x82
dispostonunha atalaiado centroda cidade (no altodo edificio“AsTorres”)
desdeondesecontabilizouese rexistrarondiferentesparámetrosbiolóxicos
da gaivota patiamarela (
Larus michahellis
) e desde onde se localizaron e
contabilizaron durmidoiros de estorniños (
Sturnus
spp.).
V
GUÍADASAVESDEPONTEVEDRA
Materialemétodos
Rulas turcas (
Steptelia decaocto
). Esta especie atinxou densidades superiores ás 10 aves/10 ha enmosaicos rurais e parques urbanos da área de estudo.©X.Vázquez Pumariño.
1...,2,3,4,5,6,7,8,9,10 12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,...170
Powered by FlippingBook