As AVES da cidade - page 167

Cántas especies hai de aves nun lugar determinado? Esta pregunta
formulada tanto por expertos como por simples curiosos ven a reflictir o
interese en ter unha idea máis ou menos aproximada da biodiversidade
existente nunmarco xeográfico determinado. Neste libro fálase das aves
que hai unicamente na contorna urbana do Concello de Pontevedra, uns
poucosquilómetroscadrados.Sumamosasespeciespresentes todooano,
isto é ás residentes, máis as que nos visitan durante a primavera e
principios do verán para reproducirse e máis aquelas que só nos visitan
como invernantes, engadímoslles as migradoras e aquelas especies que
por unha razónououtra visitanocasionalmenteestepequeno recunchodo
mundo, istoéespeciesdivagantes, ocasionais, etc. e teremosonúmerode
aves presentes nun lugar determinado.
E,por senosatreveramosapensar queestaeraa findahistoria,anatureza
sorpréndenos, lémbranos que sempre paga a pena mirala, alí onde
esteamos, neste caso na desembocadura do río Gafos; alí, en febreiro de
2014, tres observadores localizaban unha pequena gaivota que, de tan
pouco común que é en Europa, precisou aíndamáis ollos para conseguir
identificala, tratábase dunha gaivota rosada (
Rhodostethia rosea
) de
primeiro inverno. Inda que na península Ibérica xa se ten observado
nalgunha ocasión, a distribución habitual desta especie é o ártico de
NorteaméricaeAsia.Os temporaisquevarreronoatlánticoeuropeodurante
este inverno son a causa máis probable de que este delicado exemplar
cambiara por unhas semanas os osos polares por apracibles
pontevedreses… e unha auténtica lexión de observadores de aves
chegados de todos os lugares (dende o País Vasco ata Andalucía ou
Cataluña) para contemplar, inda que fora uns instantes, esta pequena ave
capaz de viaxarmilesdequilómetros, desafiar océanos, desertos xeados e
temporais. Uns días máis tarde cambiou Pontevedra por Vigo e a
peregrinación de observadores non cesou. Creo que, intimamente, todos
lle desexamos sorte de volta ao seu xeadomundo.
154
GUÍADASAVESDEPONTEVEDRA
Amododeepílogo
Gaivota rosada
(
Rhodostethia rosea
)©GorkaOcio.
1...,157,158,159,160,161,162,163,164,165,166 168,169,170
Powered by FlippingBook